RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º EP PARA O CURSO 2024/25 NOS IES ADSCRITOS

Comeza o prazo para facer a RESERVA NO INSTITUTO (IES ADORMIDERAS OU IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL-ZALAETA) PARA O CURSO 24/25 do alumnado que agora está cursando 6º de Primaria.

A continuación vos deixamos toda a información necesaria e a solicitude (entregada aos nenos e nenas) que teredes que cubrir, asinar e presentar desde o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024, ambos inclusive.

NORMATIVA

- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

- Vía electrónica mediante formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

- Ou de maneira presencial entregando a documentación debidamente cumprimentada ao seu titor ou titora. 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Solicitude e Anexo I-bis (Documentación que leva o alumnado)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras. 

  

 

=========================================================

 

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE