SEGUIMOS NA CASA #EuQuedoNaCasa

Aquí vos deixamos os videos que fixemos coas vosas aportacións. Constitúen unha forte dose de orgullo e motivación. Moitísimas grazas pola participación!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ola familias!

Parece que tócanos seguir na casa un pouco máis. Estamos desexando todos estar de volta o antes posible e retomar a rutina que tanto botamos de menos. Hai que pensar que o importante é estar ben! 

Este momento que estamos a pasar require por parte de todos que poñamos o mellor de nós en funcionamento. Como sabedes tratamos de continuar cunha certa "rutina" coas tarefas que publicamos para cada día na páxina web ou no entorno E-Dixgal.

Unha parte desa rutina o constitúen as notas que recibiredes o venres 3 de abril a través da aplicación de Abalar. Esas notas farán referencia exclusivamente a avaliación do traballo feito de maneira presencial ata o 13 de marzo.

Para todas aquelas familias que non teñades descargada a aplicación de abalar ou para aquelas que vós queredes poñer en contacto con nós, non dubidedes en mandarnos un correo á dirección:

ceip.victor.seoane@edu.xunta.es

ou no teléfono: 881 96 06 53

Aquí estamos para o que precisedes! 

Canción: "Pase lo que pase" Billy Boom Band

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE