Dados e historias I

Esta semana compartimos con vós Dados e historias.

Trátase dunha actividade a desenvolver pouco a pouco.

Comezaremos cos cubos ou dados de historias os cales tedes como documento adxunto. É unha plantilla para que recortedes e peguedes, conta con imaxes que axudarán a desenvolcer o xogo.

Cada día subiremos novas fichas para que empreguedes cos cubos a preparar.

Ficha 1. Emprega 6 dados para crear unha historia 

Este é un exercicio sinxelo. 

- Teredes que tirar os dados (os 9).

- Escoller 6 deles.

- Colocalos na ficha. 

- Inventar unha historia e escribila. 

Ficha 2. Fala sobre ti

Este exercicio é un pouco máis complexo que o anterior, xa que terás que plantexar estruturas máis complexas e empregar frases onde empregar subxuntivo, condicional, que+infinitivo...Emprégase da seguinte maneira: 

- Tirar os dados. 

- Deberás escoller 8 dados e colocalos onde queiras.

- Unha vez colocados deberás crear diferentes frases sobre ti mesmo/a. 

Eu quedo na casa Sonrisa

 

AdxuntoTamaño
Dados.pdf345.89 KB
Ficha 1.jpg42.56 KB
Ficha 2.jpg8.15 KB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE