PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020/2021 PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/21. 

- Presentación de solicitudes: do 11 ata o 18 de maio (ambos inclusive), podedes presentala de dúas maneiras:

1. Forma telemática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

2. Forma presencial: na secretaría do centro en horario de 9 a 14, con cita previa chamando ao teléfono do centro (881-960653).

- Presentación da documentación acreditativa do baremo: ata o 26 de maio. 

- Publicación das listas provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.

 Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño. 

Formalización da matrícula: do 1 ao 10 xullo de 2020

 

Recordamos a documentación a presentar xunto coa solicitude:

- Fotocopia do libro de familia

- Padrón

- En caso de haber unha separación dos proxenitores, haberá que presentar a sentencia de divorcio e a solicitude terá que estar firmada polo pai e a nai. 

- Informe de neae, se fose o caso. 

Deixámosvos o enlace ao DOG na seguinte icona

                                              

 

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE