Novas

Xogando coa galiña azul 2

Os pequenos poden xogar coa galiña azul.

Pincha na bandeira e coas flechas do teclado leva á galiña a recoller os seus ovos.

Xogando coa galiña azul

Este xogo é para os mais grandes. Pinchade na bandeira e coas flechas do teclado levade á galiña azul a xuntar os seus ovos. Tede coidado co can.

 

Araña Maraña en 3D

Xa temos a nosa araña Maraña (mascota da biblioteca) en 3D.

Podemos ver ás encargadas da biblioteca, coa araña na actividade "Ó aire libro" na conmemoración do día do libro.

 

Araña Maraña         Araña Maraña 2  Araña Maraña 3    Araña Maraña 4

 

Expres Arte

A araña Maraña nesta semana do libro pregúntanos, que é un libro para ti?. Con todas as aportacións creamos este mural.

Pincha na imaxe

 

Álbum: Curso 16-17 -> Expres Arte

Semana do libro 2016-17

Na semana do libro queremos sacar os libros ó aire libre, así aparecen novos recunchos de lectura e deixamos que a nosa imaxinación se espalle.

A nosa biblioteca ó aire libre (Ó aire libro) está composta por libros que trae o alumnado da casa. Ó longo de toda a semana estarán no patio do colexio. O venres será o día de portas abertas para as familias. Este día tanto familias como alumnado poderán coller libros en préstamo.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

 

 

 

Álbum: Curso 16-17 -> Semana do libro

Crearte na biblioteca

Convidados pola biblioteca municipal, participamos na actividade "Crearte na biblioteca", enmarcada dentro do progama "Ler conta moito".

Creamos con Luís Seoane.

   

Araña Maraña en 3D

A araña Maraña vive na bilbioteca. Encántalle esconderse entre os libros. E agora témola en 3D.

Distribuir contido