Última horaIniciar sesión |
Escolas viaxeiras 2012
O alumnado de 3º ciclo estivo unha semana disfrutando da actividade "Escolas Viaxeiras" na ruta Andalucía Oriental xunto co CEIP Plurilingüe de Blancos, o CEIP General Izquierdo de San Martín de la Vega de Madrid e o CEIP San Esteban de Ávila. Foi unha semana estupenda na que puideron coñecer a Comunidade de Andalucía, convivir con alumnado doutros centros, desenvolverse con autonomía nos ámbitos persoal, social e familiar; desenrolar competencias básicas e afectivas etc. ECOPREGUNTOIROAlumnos de Vilar de Barrio compiten con 16 colexios de toda Galicia en materia de coñecemento do medio, ecoloxía e medio ambiente nun programa de radio " O ECOPREGUNTOIRO" emitido por radiovoz os venres pola tarde. Neste momento encóntranse en cuartos de final despois de ter a sorte de eliminar ó CEIP Plurilingüe de Tui, un duro rival, que competía dende unha emisora de Vigo, mentras os nosos alumnos o facían na de Ourense. O martes 27 de marzo tivo lugar a 2ª fase deste concurso medioambiental e o CEIP Plurilingüe de Vilar deBarrio conseguiu derrorar ó seu contrincante, o colexio San Xosé de Vigo, clasificándose así para as semifinais, pois neste momento só quedan competindo catro colexios, os demais foron eliminados.
categories [ ]
Paz 2012
O luns día 30 de xaneiro todo o alumnado e profesorado do centro conmemoramos o día da Paz. Ao longo da anterior semana estivemos traballando nas aulas, analizamos o significado da Paz, indagamos sobre a orixe desta conmemoración, buscamos distintos símbolos, pintamos e ensaiamos cancións sobre o tema. A través desta conmemoración queremos contribuír á concienciación de toda a comunidade educativa na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano que nos permita ter as mesmas oportunidades dentro dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz. Na seguinte presentación podedes ver o traballo plástico realizado polo alumnado de primeiro ciclo xunto co vídeo correspondente da canción Un Barquito de Papel que tamén representaron para o resto do alumnado e profesorado.
categories [ ]
A nosa bibliotecaLogo da renovación da biblioteca conseguimos crear un espazo agradable o cal se transforma nun eixe dinamizador da lectura no centro. No seu blog podes atopar todas as actividades que realizamos:
categories [ ]
Aula Virtual
Na Colexio Vilar de Barrio
|
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
Contador 2Contador |