Escola de familias

Dende o Concello de Vilar de Barrio ofertan varios obradoiros destinados as familias sobre procesos de comunicación e xestión de conflitos. Dende o colexio animamos a que participen, pois son temas que poden resultar moi útiles á hora de educar ós nenos e nenas.

Os obradoiros terán lugar os días 28 de abril, 12 e 26 de maio na biblioteca municipal.

Teléfono para inscricións e máis información 629352269