Actividades

Creacións con pasta de sal

O alumnado de 5º e 6º xunto cos maiores da residencia do concello elaboraron xoieiros con pasta de sal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Atrapasoños

Todos os cursoso facemos actiividades en colaboración coa residencia da terceira edade do pobo.

O alumnado e os maiores interactúan e colaboran en diferentes elaboracións.

Neste curso elaboramos "Atrapasoños" utilizando material de refugallo como lá de diferentes cores e materiais divesos para decorar

 

Os horreos

PROXECTO SOBRE OS HÓRREOS, CANASTROS, CABACEIROS

- OBXECTIVOS

. Dar a coñecer os cacipos como construcións do noso patrimonio cultural

. Conciencias á comunidade educativa e a veciñanza en xeral sobre a importancia de coidar, preservar os hórreos 

- ACTIVIDADES

. Charla informativa sobre os cacipos impartida por Arturo Fernández, experto neste tipo de construccións

. Construcción dun cacipo utilizando polas de sanguiño ó estilo tradicional

. Construcción du cacipo utilizando a impresora 3D e a cortadora láser. Coa impresora 3D imprimimos as pezas que normalmente son en pedra. Coa cortadora láser contamos as pezas que normalmente son en madeira.

. Xogo en Scratch. Un laberinto no cal un ratiño trata de chegar ó cacipo para comer o millo

. Vídeos informativos sobre este tipo de construccións. Os vídeso fixéronse utilizando o croma e nas tres liguas que se imparten no centro (galego, castelán e inglés), no pobo hai unha aira chea de cabaceiros, aĺi puxemos códigos QR con acceso a estes vídeos pensando no peregrinos.

    

Máscaras típicas do Entroido da nosa zona

Vilar de Barrio está a medio camiño entre Xinzo e Maceda. As familias e o alumnado están moi implicados no Entroido de Xinzo e no de Maceda, dependendo da situación do pobo.

Moito do noso alumando ten o traxe de Felo ou o de Pantalla.

Coa impresora 3D imprimimos máscaras de Felo e de Pantalla a modo de colgante.

Deseñamos con Tinkercad e imprimimos na impresora con PLA branco, logo o alumnado coloreou.

       

Pulseiras para a Paz

Para o día da Paz creamos pulseiras co símbolo da Paz.

Fíxose o deseño con Tinkercad.

Imprimimos con PLA branco

O alumnado pintou as súas pulseiras de diferentes cores

 

      

Os animais ensínannos a construir

TRABALLANDO CON CONSTRUCCIÓNS.

Dende o colexio oficial de arquitectos tivemos un taller de construcción animal.

A partir de aí surdiron varias actividades:

- Co xogo Duplo fixemos construccións varias

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

- Coa ferramenta Palitroques fixemos construccións

   

 

- Con bimbios fixemos unha casiña igloo que puxemos no patio. Un lugar estupendo para os xogos.

 

     

 

 

Distribuir contido