RRR Vilar de Barrio

O cume do clima

Esta é a nosa pequena aportación ó cume do clima.

Concienciar ó noso alumnado na necesidade de coidar o noso planeta é un dos nosos obxectivos

 

Charla sobre reciclaxe e xestión de resíduos nos fogares

Neste curso estivemos levando a cabo un proxecto de reciclaxe no cal o noso alumnado investigou e elaborou diferentes materiais. Para trasladar toda esta información á poboación en xeral temos previsto unha charla que será impartida polo alumnado no salón de actos do concello.

Nela trataranse temas como:

- Que facer co lixo que se xenera nos fogares.

- Que debemos botar en cada contedor.

- Que se fai co lixo dos diferentes contedores.

-Como reducir a cantidade de lixo.

-Como reusar diferentes produtos.

Se tes interés por saber que facer co aceite usado, onde botar un teléfono que xa non sirve, a onde levar un televisor vello e moitas cousas máis.

Se queres contribuír a que o entorno no que vives estea máis limpo e coidar o noso planeta.

Non deixes de asistir a este acto.

Ó remate do mesmo haberá agasallos para tosos os asistentes.

O Escornabot recollendo no lixo

Temos a alfombriña con tarxetas de lixo.

Nas esquinas están catro contedores feitos coa impresora 3D

Levamos ó Escornabot a una tarxeta de lixo calquera
Pomos a tarxeta enriba do contedor 
Programamos o robot de novo para que vaia ata o contedor que lle corresponde
O chegar á esquina 
Collemos a tarxeta e metémola no contedor

O escornabot traballa recollendo no lixo

Temos a plantilla valeira e os contedores que imprimimos coa impresora 3D
Temos tarxetas con lixo axeitado para os diferentes contedores por toda a plantilla
Pomos o contedor do vidro no escornabot e levámolo por toda a alfombriña recollendo o vidro
Ó chegar a unha casiña que ten vidro, collemos a tarxetas e metémola dentro do contedor
Agora tócalle ó contedor azul do papel

Ecoconsellos

Os nosos reporteiros desta vez céntranse no tema da reciclxe e a xestión de residuos e fan unha viaxe por diferentes dependencias no colexio e da localidade para darnos os seus Ecoconsellos.

Pincha na imaxe para ver o vídeo

Xogamos con Scratch e o contedor xenérico

Agora xogamos co contedor xenérico.

Preme na bandeira para comezar o xogo. Coas frechas do teclado move o contedor para coller o lixo. Se acertas, sumas puntos e se non, réstalos.

 

Xogamos a seleccionar o lixo do contedor amarelo

Con Scratch creamos este xogo, con el aprenderás qué tipo de lixo debes meter no contedor amarelo.

Preme na bandeira e coas frechas do teclado move o contedor para recoller o lixo, se o fas ben sumas puntos e se non réstalos.

 

Xogando con Carlos Casares 6: A formiga esquiadora

Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.

Neste obradoiro, utilizando cartóns dos ovos fixemos a formiga esquiadora.

Pincha na imaxe.

 

Álbum: Curso 16-17 -> Casares_formiga

Colgantes do proxecto

Elaboramos colgantes para el proyecto reciclando bandejas de plástico.

Necesitamos plástico que esté etiquetado con este símbolo  . Seleccinamos unha zona plana e facemos o debuxo con rotuladores permanentes. Recortamos e metémos ó forno previamente quentado a 150º. Vemos como se encolle. Cando estea plano de novo xa se pode quitar. Este plástico ó quentalo encolle ata sete veces o seu tamaño e aumenta ata sete veces o seu grosor.

 

plastico1

 

Pincha para ver o vídeo

Distribuir contido

localización

Samsung Smart School

Samsung.

 

 

 

Bibliotecas Galicia

Radio na Biblio

Radio na Biblio

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Programación Robótica e 3D

Plan de igualdade

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.