O curso pasados entramos no proxecto LIA de Bibliotecas Escolares. Logo dunha profunda transformación xa temos a nosa biblioteca operativa.
Aquí tedes un vídeo feito polo noso alumnado cos diferentes recunchos
A nosa pequena contribución á conmemoración do día 25 de novembro
Visita a o blog da nosa biblioteca
Iniciativa do Concello de Vilar de Barrio en colaboración cos centros educativos da Comarca da Limia para promover a creación literaria no ámbito escolar. Actividade enmarcada dentro da celebración da FESTA DA PATACA.
TEMA: A pataca
BASES
1.-PARTICIPANTES
Alumnado dos centros de ensino da comarca da Limia de forma individual ou en grupo.
2.-CATEGORÍAS
De 4º a 6º de Primaria
1º e 2º da ESO
3.-FORMATO
Serán traballos inéditos en prosa, en verso ou cómic en lingua galega, escritos a man ou ordenador que poderán ter un debuxo ou ilustración, como complemento ou integrado no texto.
Tamaño: un folio A4 por unha cara.
Todas as composicións deberán ir encabezadas por un título.
4.-PRESENTACIÓN
O alumnado entregará o traballo ó profesor/a identificado pola parte de atrás cun pseudónimo e un sobre pechado que levará por fóra o pseudónimo e dentro os seguintes datos : nome e apelidos, curso e centro educativo.
Os traballos orixinais e os sobres (ambos unidos cun clip) entregaranse na dirección do centro, onde serán custodiados ata que sexan recollidos.
5.- PRAZO
Data límite o 7 de outubro
6.-XURADO
Unha comisión nomeada polo Concello.
7.-PREMIOS
O premio, para todos os participantes, consistirá nun libro que o Concello editará posteriormente, no que se recollerán todos os traballos.
Haberá unha mención especial para os tres primeiros de cada categoría
8.-FALLO DO XURADO
O fallo do xurado farase público o 13 de outubro pola tarde durante os actos de conmemoración da festa da pataca.
9.- DIFUSIÓN
A participación neste certame implica a aceptación das bases e o consentimento para a publicación das obras nun libro que editará o Concello.
No blog da biblioteca recollemos todas as actividades que se levaron a cabo para a celebración das letras galegas.
Celebramos o Día da Paz na biblioteca.
As nosas colaboradoras colaboraron lendo contos ós máis pequenos.
Coloreamos mandalas de Paz e con elas elaboramos o noso mural, a árbore das froitas da Paz.
Xogamos cunha plantilla sobre emocións e estados de ánimo cos Escornabots.
Programamos o sensor segueliñas do Mbot e con eles fixemos os camiños coa palabra Paz. Todo un reto.
O alumnado participou na gravación deste vídeo cos nosos desexos de Paz. PREME
Pincha na foto para ver as imaxes.
Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.
Neste obradoiro, utilizando cartóns dos ovos fixemos a formiga esquiadora.
Pincha na imaxe.
Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.
Neste obradoiro o alumnado leu varias obras e puideron practicar varios xogos segundo a obraelixida.
Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.
Neste obradoiro utilizamos as tabletas para realizar as actividades da unidade didáctica enviada pola Consellería de Educación.
Pincha na imaxe.
Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.
No obradoiro de Scratch o alumnado puido xogar coa galiña azul a cal tiña que atopar os seus ovos.
Tiñamos dous xogos, un para os mais grandes e outro para os pequenos que se fixeron con Scratch.
Pincha na imaxe.
Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.
No obradoiro de caricatura, o alumnado uitlizando a aplicación Snote das tabletas pintou unha caricatura de Carlos Casares.