ANPA

FESTA FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS

Remata o curso 2021/2022. Temos tantos recordos para o baúl! Estes dous últimos días foron moi divertidos e emocionantes. O martes desfrutamos das brincadeiras e da festa da espuma, grazas á ANPA. Non nos importaría repetir máis veces, porque ademais de queimar moitas calorías pasámolo xenial! E o mércores, tocou despedida. Algunhas bágoas e moitos sorrisos, para un día fermoso e especial. Parabéns ao alumnado que promociona e, especialmente, aquel que pasa a unha nova etapa educativa. Grazas aos familiares que nos acompañaron e que acompañaron aos seus fillos e fillas nesta xornada, que con moito agarimo preparamos para eles e para elas.

Podedes ver os vídeos nos blogs das aulas, e as fotos da graduación e as festas que montaron nas aulas na nosa galería de imaxes.

VER FOTOS DA FESTA DA ESPUMA E DAS BRINCADEIRAS

VER FOTOS DA GRADUACIÓN E FESTA NAS AULAS

VER BLOG DA AULA VERDE

VER BLOG DA AULA VERMELLA

Tamén se repartiu a revista escolar "Cousas de nen@s" que podedes ver en versión dixital na seguinte ligazón: VER REVISTA

Ademais, como tamén rematamos trimestre, Maica preparou a súa famosa tarta da avoa para festexar os aniversarios daquel alumnado que cumpriu anos dende abril ata agosto.

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A orixe desta conmemoración está na proposta realizada por Clara Zotkin na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague no 1910 coa finalidade de destacar a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade, a prol da súa emancipación e do seu desenvolvemento íntegro como persoa. No ano 1972, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 1975 como Ano Internacional da Muller, quedando institucionalizada a data do 8 de marzo como Día Internacional polos dereitos da muller e a Paz Internacional.

Dende a nosa humilde aportación, traballamos nas aulas ao longo da semana previa, a biografía e o papel no que destacaron algunhas mulleres que non aparecen de xeito habitual nos libros de texto, e en consecuencia, quedan esquecidas na Historia, á cal fixeron grandes contribucións.

O luns tamén en colaboración coa ANPA  e atendendo ás pertinentes medidas de prevención, hixiene e seguridade establecidas no protocolo Covid-19, realizarase unha actividade de contacontos: "Contamos en igualdade", a cargo de Eduvia, así como a exposición do traballo nas aulas.

Atoparedes máis información sobre esta actividade no blog da biblioteca .

ENTROIDO 19/20

Despois de moitos preparativos chegou a semana do Entroido, comezamos o xoves de comadres disfrazándonos do que máis nos gustara, algúns despistáronse tanto que ata non quitaron o pixama. Houbo moita variedade de disfraces: princesas, animadoras, animais salvaxes, super heroes....

 

 

 

 

Pero seguimos o venres celebrando o noso día grande de Entroido, tiñamos preparado o noso gran disfrace de Tikis, moi elaborado xa que lles levou moitas horas realizalo. A verdade que despois de tanto esforzo, quedaron espectaculares. Comezamos a tarde do venres saindo en comparsa polas rúas de Rubiá para rematar a nosa festa no patio do colexio cunha gran merenda, todo esto acompañado de música e os nosos Tótems, os cales reflectían as nosas máscaras dos Tikis.

 

VELAQUÍ UN RECORTE DE PRENSA ONDE SAIMOS EN PORTADA:

 
 
 Los colegios de la Comarca de Valdeorras y alrededores tuvieron su día grande, desde primera hora de la mañana los pequeños desfilaron por los pasillos y patios de los diferentes centros educativos.

En el Colegio Virxe do Camiño de Rubiá se disfrazaron este año como personajes de una tribu, y así recorrieron las diferentes calles del casco urbano.

Alumnos del CEIP Virxe de Camiño de Rubiá en las instalaciones del centro

ENTROIDO 2019

FESTIVAL DE NADAL 2019/2020

Despois de tanto ensaio e nervios chegou o momento temido polos nosos artistas, o seu gran debut. Arrancamos coa posta en marcha do noso Festival de Nadal o xoves pola tarde no cal visitamos a Residencia de Anciáns de Rubia, nela os nosos rapaces fixeron as delícias dos presentes coa interpretación do seu festival de Nadal. O día seguinte foi a posta en escea na Casa da Cultura con maís nerviosismo se cabe por que estaban alí as suas familias, para ver o moito que se esforzaron en cada unha das diferentes actuacións coas que nos deleitaron.

 

 

 

 

 

Mirade se o fixeron estupendamente que volveron a sair en prensa :

Recorte periódico O SIL

 

Celebrando o Nadal no CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

Alumnos de Primaria do CEIP Plurilingüe de Rubiá no Festival de Nadal. /Foto cedida.

 

Uns días despois de participar no 4º Mercadiño de Nadal, cun posto montado polos rapaces coa axuda de toda a comunidade educativa, o CEIP Pluriligüe Virxe do Camiño de Rubiá celebraba a súa particular festa previa ás vacacións de Nadal. Nesta imaxe podemos ver aos nenos de Primaria nunha das actuacións do Festival de Nadal, en concreto co tema “Sweet child O’Mine” de Guns N’Roses.

Así, cantando e bailando daban a benvida a estas datas festivas, despedíndose das clases ata despois de Reis.

 

 

 

QUERIDOS RAPACES OS VOSOS PROFESORES DESEXANVOS UNHAS FELICES FESTAS, E NON VOS ESQUEZADES VEMONOS O DIA 8 DE XANEIRO AS 10 DA MAÑA PARA QUE COMPARTADES CON NÓS OS VOSOS RECORDOS DESTAS FESTAS.

Distribuir contido (C01 _th3me_)