Magosto

MAGOSTO 10 NOVEMBRO 2023

MAGOSTO - 11/09/2022

MAGOSTO 2021

O Venres 12 de novembro celebramos o tradicional magosto con castañas aportadas grazas a algunhas familias, e un churrasco delicioso preparado por Maica. Non faltou a música, e como cada ano, a desinteresada colaboración de Gelo Álvarez (avó de María e Manuel R.) que sempre está disposto e atento a botar unha man ou aportando leña. Grazas tamén a Manolo Díez e Gela (pai e nai de Iria e Manuel D.) por prepararnos o novo asadoiro. As castañas asaron estupendamente. Todo o alumnado e profesorado desfrutou dunha tarde enxebre.

 

As nenas e nenos prepararon previamente os seus cucuruchos de periódico e engalanamos o noso patio coas castañas xigantes de cartón aproveitando recursos de cursos anteriores. #aprendizaxerespectuosa #reciclaxedidáctica

MAGOSTO 2019-2020

O día 15 de Novembro celebramos o Magosto, ainda que con moi mal tempo disfrutamos moito das actividades programadas para a ocasión. Nervios propios a maña polo día de festa que arrincaba coa tradicional comida familiar no comedor do colexio. Despois de degustar a exquisita comida preparouse o colexio para a festa. Por mor do tempo tivemos que facer a celebración no patio cuberto, onde nos esperaba unha xincana outonal, cun posto especial de respostería realizado coa colaboración de toda a comunidade educativa.

 

 

 

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)