O PASADO CURSO ESCOLAR 2017/2018, O CENTRO PARTICIPOU NO PLAN PROXECTA DENTRO DA MODALIDADE GALICONS.NET, ACADANDO O 1º PREMIO. NORABOA A TODOS E TODAS!!!!!!!
Se pinchades no seguinte link veredes os traballos realizados polo alumnado. Xoguetes non sexistas para os máis pequenos.
O 21 de marzo é o día da árbore. Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá decidimos plantar diferentes tipos de árbore no patio da nosa escola, co fin de concienciar ao alumnado sobre a importancia que teñen as árbores para o correcto funcionamento do ecosistema.
Os incendios provocados o pasado mes de outubro deixáronnos preocupados. Como pode ser que alguén prenda lume aos nosos montes? Imposible atopar unha resposta lóxica! O único que podemos facer é educar aos nosos nenos e nenas, ensinarlles a amar a natureza e a respectar a súa contorna. Aprenderlles a identificar os malos hábitos ambientais e a buscarlles unha solución.
Aquí podemos ver algúns dos carteis de concienciación ambiental que fixeron os cativos e cativas.Tamén podemos ver algunhas das fotos que sacamos mentres plantabamos as árbores que neste 2018 comezaron a formar parte do noso centro.