Excelencia

DIA DA MULLER 8 DE MARZO 19/20

Dende o centro hoxe luns 9 de Marzo fixemos a celebración do Dia da Muller,  os alumnos mais maiores do noso centro investigaron a vida das mulleres representadas na nosa Biblioteca, mural feito pola artista Laura Duben, pero os pequenos tamen fixeron traballo de aula para tomar conciencia sobre a necesidade de ter unha sociedade igualitaria.

 

 

 

 

 

Destacar que en prensa da comarca sale a autora dos nosos murais en unha entrevista:

 

A artista Laura Duben celebra o 8M cun mural adicado ás mulleres que “arriscan a vida por un mundo máis xusto”

Realizaba esta obra no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

 

A través da pintura e usando un entorno cotiá como lenzo (un armario de parede), a artista arxentina Laura Duben, afincada no Barco, celebraba este 8M, Día Internacional da Muller. Creaba unha pintura mural cunha serie de retratos de figuras femininas de referencia a nivel mundial (dende Rosalía de Castro e Frida Khalo ata Teresa de Calcuta) e dedicada a “todas as mulleres que no só soñan cun mundo máis xusto, senón que arriscan as súas vidas, loitan nas adversidades, traballan e arríscano todo”.

Esta é unha escolma simbólica de mulleres, xa que son “tantas” que “só puiden plasmar e unir na obra a unhas poucas, nelas están reflexadas milleiros de loitadoras”, di a artista. Entre elas destaca a Berta Cáceres “de Centroamérica, ecoloxista asasinada e líder na loita por reivindicar ás mulleres aborixes lencas”.

Este fermoso mural pode verse no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.

Fotos cedidas.

 

DIA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

Estamos de celebración e para conmemorar este día o Equipo da Biblioteca ofreceunos unha actividade abraiante, a construcción de unhas tablillas para marcar o libro que recollo na biblioteca para poder despois colocalo no seu sitio unha vez que o lea, unha idea espectacular. A verdade que todos traballaron moito e fixeron unhas tablillas moi chulas, cada nivel fixo as tablillas seguindo un autor e un estilo de pintura diferente.

 

O mestre Miguel explicou a todos a nova norma para a lectura na biblioteca, a cal aprenderon rapidamente.

 

O NOSO PROXECTO DESTE CURSO 2019/2020

Como todos os anos o noso colexio aventúrase nun novo proxecto nesta caso relacionado coas artes, chamámoslle   "GEZELLIGUEID"    no cal estan inmersos toda a comunidade educativa a primeira actividade do proxecto foi a realización dun mural de madeira dividido en celdas para formar o nome do noso proxecto, cada neno elaborou a sua táboa en colaboración coa súa familia. A verdade que nos quedou espectacular.....

 

 

17 de maio 2019

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO POLO TRABALLO REALIZADO O LONGO DO ANO. ESTE É O RESULTADO: AS VOSAS ACTIVIDADES PUBLICADAS NO PORTAL DA LINGUA GALEGA.

 

 

E TAMÉN NO PORTAL PRIMAVERA DAS LETRAS DA REAL ACADEMIA GALEGA:

http://primaveradasletras.gal/o-voso-dia-das-letras-2019/

AUDIOVISUAIS: "OS TRES PORQUIÑOS"

Antes de rematar o segundo trimestre, gravamos o conto dos tres porquiños, na versión en galego (con todo o alumnado da etapa de infantil) e inglés (co alumnado de educación primaria).

CONCIENCIA2

ASÍ NACEU O NOSO PROXECTO INTERDISCIPLINAR E GLOBALIZADO PARA TODA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. O CEIP DE RUBIÁ É UN CENTRO UBICADO NUNHA POBOACIÓN DO RURAL, NA QUE TANTO A FLORA COMO A FAUNA SON ÚNICAS. CONCIENCIADOS CO MEDIO AMBIENTE, PROPUXÉMONOS ENTRE TODOS E TODAS POÑER O NOSO GRAO PARA QUE DISTINTAS ESPECIES DE AVES CONTINÚEN HABITANDO NO NOSO CENTRO. SAÍMOS O MONTE E DE UN VELLO PAO QUIMADO POLO LUME, REALIZAMOS A NOSA "CASA ARTÍSTICA PARA PAXAROS".

ESTE FOI O RESULTADO FINAL, DESPOIS DE MOITOS DÍAS DE TRABALLO.

TOPIARIO DE FLAMENCO

MACETA DECOUPAGE

PIROGRAFÍA EN MADEIRA

 

POSTERIORMENTE TRABALLAMOS POR COMPETENCIAS EN

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA

LINGUA INGLESA

E AQUÍ TEDES O RESULTADO FINAL

CONCIENCIA2 EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

O DIÑEIRO

DE ESTE XEITO TAN LÚDICO E DINÁMICO TRABALLAMOS DURANTE O 3º TRIMESTRE O DIÑEIRO. CADA NENO ELABOROU UNHA CARTEIRA COS SEUS BILLETES, AS SÚAS MOEDAS, E ATA O SEU "D.N.I". FOI UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDÍSIMA.

VOCABULARIO BÁSICO EN GALEGO

LIBRO ACTIVIDADES ALUMNADO CON NEAE

A PREHISTORIA (GRUPO MIXTO 3º E 4º DE E.P.)

Distribuir contido (C01 _th3me_)