Skip to Content

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23

MATRÍCULA ESCOLAR

 

PROCEDEMENTO DE ADMISION DE ALUMNADO para o CURSO 2022/2023

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DO 1 ao 21 de marzo de 2022.

 

 

1º.- NOVO ALUMNADO:

                O alumnado que pretenda matricularse por 1ª vez neste Centro para o curso 2.022-2.023 (Educación Infantil de 3 anos e novos/as alumnos/as de ED. Infantil e Primaria) deberá solicitar praza cumprimentando o IMPRESO ED550B, e presentalo no Centro do 1 ao 21 de marzo, ou de xeito telemático a través da Chave 365.

                Xunto coa solicitude entregarán fotocopia compulsada do Libro de Familia e certificación de  matrícula actual expedida polo Centro no que están  matriculados, se é o caso.

 

 

2º.- CONTINUIDADE NO CENTRO ACTUAL DO ALUMNADO DE E. INFANTIL E PRIMARIA:

 

            O alumnado matriculado no actual curso 2.021-2.022 no CEIP Plurilingüe “Virxe do Portal” en Educación Infantil e Educación Primaria, agás o alumnado de 6º curso ( ao que xa se lle deu información), non ten que facer ningún trámite de admisión para a súa continuidade neste Centro no vindeiro curso 2.022-2.023.

 

 

3º.- ALUMNADO QUE QUEIRA CAMBIAR DE CENTRO:

O alumnado que, estando matriculado actualmente neste Centro, queira cambiar de Centro para o curso 2.022-2.023 deberá:

- Presentar solicitude única no Centro que desexe, cumprimentando o IMPRESO ED550B do 1 ao 21 de marzo ).

- Remitir, inmediatamente, ao centro no que actualmente está matriculado unha copia da solicitude que  presentou  para ser admitido noutro centro.

 

Adxúntase Impreso para a Solicitude de admisión ED550B.

AdxuntoTamaño
ANEXO II ADMISIÓN GALEGO.pdf1.31 MB


page | by Dr. Radut