Skip to Content

Plan Lector

RETORNO DA BIBLIOTECA

Neste curso 2022-2023 voltamos a abrir a Biblioteca Escolar dentro do programa de actividades recollidas no Plan Lector do centro e tamén para canalizar e dirixir as actividades relacionadas co proxecto “Coñecemos o mundo”.

Xunto co empréstito de libros que realizarán tódolos alumnos e alumnas a biblioteca incorpora novos espazos onde os nenos poderán compartir xogos, música, lectura, cine, teatro, etc.

Xunto co anterior e con motivo da celebración do “Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres” dende o equipo da Biblioteca Escolar quixemos regalaralle a cada neno/a unha bolsa decorada con un dos carteis gañadores do concurso organizado polo CIM de Curtis e o Concello de Sobrado fai uns cursos para traballar o 25-N e titulada “Un mundo cheo de bicos”.

Álbum: BIBLIOTECA ESCOLAR -> POSTA EN MARCHA
Distribuir contido


by Dr. Radut