Skip to Content

Proxecto "Coñecemos o mundo".

8 M: MULLERES RELEVANTES DE BRASIL.

Dentro das actividades relacionadas co 8 de Marzo as nenas e nenos de 5º e 6º curso fixemos un "libriño" moi interesante sobre mulleres importantes de Brasil, que é o país que estamos a traballar neste segundo trimestre.

Álbum: Brasil -> 8 M

COÑECEMOS O CRICKET

O luns 31 de xaneiro levamos a cabo unha actividade conxunta cos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, onde recordabamos coñecementos adquiridos no 1º trimestre, concretamente coa práctica dun deporte chamado cricket en relación ao proxecto “Coñecemos o Mundo”. O cricket é o deporte máis practicado na India.

O alumnado realizou un partido no pavillón onde puidemos contar coa participación de Aakash, o auxiliar de conversa do centro que practicaba este deporte na India e sígueo facendo habitualmente no noso país.

A continuación amosámosvos imaxes da xornada realizada.

Álbum: India -> COÑECEMOS O CRICKET

COÑECEMOS O MUNDO DENDE A EDUCACIÓN FÍSICA

Todo o alumando do CEIP Plurilingüe Virxe do Portal, realizou dende a área de Educación física xogos de distintos países traballados no Proxecto “Coñecemos o Mundo”.

Coñecemos e traballamos xogos de:

- Afganistán (a grúa colorada).

- Exipto (Trígono).

- Marrocos (os chanzos).

- India (sete pedras).

A continuación amósanse imaxes da participación do alumnado realizando os mesmos adaptados á súa idade.

Álbum: Proxecto Países do mundo -> COÑECEMOS O MUNDO DENDE A ED. FÍSICA

XOGOS DO MUNDO

Para rematar cos países dos que estivemos aprendendo ó longo deste trimestre, que mellor maneira que xogando algúns xogos típicos deses lugares.  Tamén queremos destacar o muro de actividades que pouco a pouco se foi enchendo con creacións de nenos e nenas deste centro.

Álbum: Proxecto Países do mundo -> XOGOS DO MUNDO

ACTIVIDADE 2: COÑECENDO MARROCOS

O alumnado de 3º e 4º visitou a aula TIC para levar a cabo unha actividade por parellas e coñecer o país de Marrocos. Entre outros aspectos traballaron o coñecemento da súa capital (Rabat), as súas costumes e tradicións, principais comidas do país, a antigüidade da súa garda real e o clima. A continuación, conseguiron un selo para o seu pasaporte. Bo traballo!

Álbum: Marrocos -> ACTIVIDADE 2: COÑECENDO MARROCOS

COÑECEMOS MARROCOS

Chegou á nosa aula unha caixa misteriosa que desexamos abrir. Para iso debemos de dar unha volta ao mundo. A primeira parada é Marrocos.

O alumnado de 3º e 4º observa un vídeo explicativo deste país, para traballar o coñecemento do mesmo dende as diferentes áreas visitando a Biblioteca e Aula TIC.

Álbum: Marrocos -> COÑECEMOS MARROCOS

KALI Y EL ELEFANTE BLANCO

Dentro das actividades do proxecto “Coñecemos o mundo” programadas para este primeiro trimestre na aula de 5º e 6º curso de primaria, e dende as áreas de lingua, naturais e música traballamos o conto popular da India “Kali y el Elefante Blanco”.

A través dun ditado en movemento no que os alumnos debían memorizar diferentes partes do conto e traballar a ortografía dalgunhas palabras que aparecían no mesmo, introducimos o tema dos animais sagrados na India e tamén a súa música popular e algúns dos intrumentos máis coñecidos.

Foi unha actividade moi enriquecedora!!!!

Álbum: India -> KALI Y EL ELEFANTE BLANCO

PRESENTACIÓN DA INDIA

O alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria viaxarán á India neste trimestre coa axuda de Aakash, o auxiliar de conversa co que imos aprender moito sobre o seu país. Como primeira actividade, realizaron unha búsqueda de información sobre monumentos artísticos e relixiosos. Posteriormente, elaboraron unha presentación Powerpoint coas súas pesquisas.

Álbum: India -> PRESENTACIÓN E PRIMEIRA ACTIVIDADE

PRESENTACIÓN DE EXIPTO

Neste trimestre o alumnado de 1º e 2º curso de Ed. Primaria aprenderán sobre Exipto. Na primeira actividade coñecemos o alfabeto e escribimos mensaxes segredos con él. Tamén colocamos as nosas iniciais no taboleiro de Exipto.

Álbum: Exipto -> PRESENTACIÓN E 1ª ACTIVIDADE

PRESENTACIÓN DE AFGANISTÁN

Neste trimestre o alumnado de Educación Infantil vai aprender sobre Afganistán.

Álbum: Afganistán -> PRESENTACIÓN
Distribuir contido


by Dr. Radut