Skip to Content

Educación física

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS DENDE A EDUCACIÓN FÍSICA 2023

O alumando de Educación Primaria, realizou  o luns 15 e martes 16 de maio unhas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, combinando as áreas de Educación Física e Lingua Galega.

Esta xornada de actividade, comezaba na Biblioteca do Centro, onde o alumnado recibía información por medio da lectura para superar catro retos compostos por Xogos Tradicionais no Patio. A medida que os nenos/as os realizaban, conseguían puntos para todo o grupo para poder chegar a unha actividade final. Ditos puntos contiñan palabras agochadas que servían ao alumnado para formar unha frase do poeta Manuel María, moi significativa para a Cultura Galega.

Ademais disto repasamos datos importantes da vida de Francisco Fernández del Riego. Homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2023.

 

“Galicia somos nós: a xente e máis a fala, se buscas a Galician, en ti tes que atopala!”.

 

 
Álbum: Curso 2022-23 -> LETRAS GALEGAS 2023 DENDE A EDUCACIÓN FÍSICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE AULA EDUCACIÓN FÍSICA

Distribuir contido


by Dr. Radut