Skip to Content

3º e 4º Curso

DÍA DO LIBRO 2023

No seguinte video podedes ver os libros que máis lles gustan ó alumnado de 3º e 4º curso.

 

ACTIVIDADE 8M E SEMANA DA PRENSA EN 3º E 4º CURSO

Co fin de conmemorar a Semana da Prensa e o Día da muller, o alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha actividade conxunta para traballar as dúas celebracións.

Entre todos/as construímos un xornal escolar con noticias e imaxes de mulleres importantes das distintas épocas, coñecendo os logros das mesmas e o que aportaron á sociedade ademais de poder converternos en xornalistas por uns días.

Actualmente o xornal atópase na sección de novidades da Biblioteca do noso Centro.

ACTIVIDADE 3º E 4º. 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e nenos de 3º e 4º observaron que existen distintos tipos de violencia e debateron sobre como combatela, chegando á conclusión de que a educación e a escola son claves para isto.

A continuación gravaron un vídeo onde nos amosan algúns sinónimos da violencia e por outra banda outros termos que axudan a combatela, sendo estes últimos os que deben estar presentes na sociedade día a día.

Vídeo de 3º curso:

 

 
 
Vídeo de 4º curso:
 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE AULA 3º CURSO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE AULA 4º CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut