Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ ESCOLAR

O luns 31 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da non Violencia e da Paz Escolar.

Todos os alumnos/as levaron a cabo unha actividade previa a semana anterior.

Primeiro, dende cada curso construímos uns lazos nos que escribimos termos relacionados coa paz para posteriormente realizar cos mesmos unha actividade de orientación. Os lazos estaban agochados en distintos lugares do colexio e os nenos/as de cada grupo tiñan que atopalos, empregando planos do centro os/as máis maiores e pistas os/as pequenos/as.

Poñiamos fin a esta actividade o luns 30, saíndo por cursos ao patio para colocar na porta do mesmo os lazos creados por todas e todos.

En relación a actividade anterior e coa axuda das familias, dende o centro educativo recollemos alimentos para axudar ás persoas que o precisan, porque todos merecemos paz.

Álbum: Curso 2022-23 -> DÍA DA PAZ 2023


album | by Dr. Radut