Skip to Content

CARREIRA XOGADE 2023

Neste curso o CEIP Plurilingüe Virxe do Portal participou xunto con outros centros educativos nunha carreira como parte da campaña de actividade lúdico-deportiva XOGADE. Este programa ten como obxectivo principal fomentar a práctica de deportes, tendo en conta que o importante non é a clasificación da carreira senón demostrar deportividade e compartir bos momentos, algo que quedou sobradamente conseguido. Ademais, o alumnado estreou unhas camisetas mercadas polo Concello de Sobrado.

Álbum: Curso 2023-24 -> CARREIRA XOGADE 2023


album | by Dr. Radut