Skip to Content

5º e 6º Primaria

Pete o gato pasea por Burela!

Estes días parte do alumnado de 6º de Ed. Primaria que colabora coa biblioteca está a realizar un contacontos mediante a técnica do kamishibai. O conto elixido foi unha versión do título Pete o gato e os seus novos zapatos. Nela o gatiño vai visitando lugares da nosa vila e ten algún que outro problema cos seus novos zapatos.  

A historia amosa aos espectadores que cando aparece un problema, debemos buscar unha solución! É un conto moi sinxeliño enfocado aos nenos e nenas máis pequerrechos/as.

Ata o de agora xa fixeron varias actuacións: na veciña Escola Infantil da Galiña azul, á clase de bebés e de un e dous anos e no noso cole, a todo o alumnado de Ed. Infantil.

Unha vez finalizadas as representacións o público asistente recibiu un pequeno agasallo: unha máscara do propio gato, que deseñaron para a ocasión.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes das actuacións:

     

 

 

 E tamén o vídeo dunha das sesións de contacontos:

Día de Rosalía

O alumnado de 6º achéganos á vida e á obra da nosa querida Rosalía de Castro, falándonos da súa vida e recitando varios dos seus poemas.

Poemas de Nadal

Detectando micromachismos...

O alumnado de 6º leva un tempo reflexionando sobre condutas machistas que seguimos a sufrir na actualidade, xestos que pensamos non teñen importancia... pero que si a teñen! Está nas nosas mans construír un mundo máis xustos nos que nos sintamos libres de ser e de pensar, o límite sempre é o respecto aos demais. 

Invitámosvos a que lles botedes un ollo aos role play que interpretaron e que visualicedes despois as reflexións de cada un. 

Distribuir contido


by Dr. Radut