Skip to Content

5º e 6º Primaria

ENTREVISTAS SOCIAIS

O alumnado de 5º, aproveitando que estaba traballando sobre a poboación e os factores que inflúen na súa evolución, entre eles as migracións, entrevistaron a familiares, veciños e amigos que viviran esta experiencia na súa pel. Algunhas das entrevistas son moi emocionantes!

Ademais, tamén traballamos a clasificación da poboación segundo o traballo e os sectores nos que se divide. Parte do alumnado decidiu entrevistar a familiares e/ou amigos que se adican a traballos ben interesantes!

PIM PAM EXPERIMENTA!

O  pasado xoves, o alumnado de 5ºA e 5ºB desfrutou dunha xornada fantástica, participando no programa de divulgación científica PIM PAM EXPERIMENTA! no que puxeron a proba os seus coñecementos sobre cienciaa, traballaron en equipo e experimentaron. Tamén comprobaron como é un plató e o que ocorre detrás das cámaras.

Ademais, bailaron, montaron en karts, tirolinas... 

En busca de ovos...

O alumnado de 5ºB tamén tivo que atopar os ovos que estaban agochados no patio... Pero eses ovos non eran de chocolate! Tiñan dentro agochadas preguntas de repaso sobre os contidos traballados durante o curso... Algunhas eran un pouco difíciles, tivemos que traballar en equipo para tratar de resolvelas!

Distribuir contido


by Dr. Radut