Skip to Content

5º e 6º Primaria

Excursión a A Coruña. Acuario-Domus-Casa das Ciencias

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do que foi a nosa excursión a A Coruña do día 9 de febreiro. Como podedes ver aproveitamos moi ben o día visitando pola mañá o Aquarium Finisterrae e a Domus, e pola tarde a Casa das Ciencias, na que ademais accedimos ao Planetario e disfrutamos do visionado dunha impresionante película da desaparición dos dinosaurios.

Canto desfrutamos e aprendimos.

Esperemos ter moitas máis viaxes así!!

https://youtu.be/NW2fxAiauHEhttps://youtu.be/NW2fxAiauHE

Poñémonos no lugar das persoas con discapacidade

O día 3 de decembro celébrase o Día Mundial da Discapacidade! Para conmemorar este día este venres os grupos de 5° nas sesións de Educación Física estivemos a realizar unha sesión na que intentamos poñernos no lugar de persoas con algunha discapacidade física ou sensorial.

Para ir ata a clase a metade de nós fomos polas escaleiras cos ollos tapados e os demais ían de acompañantes dándonos indicacións de por onde avanzar.

Xa no pavillón puidemos probar a dificultade de movernos, saltar ou lanzar unha pelota cos ollos tapados coma se estivésemos cegos. E tamén saltar cos brazos atados, como se tivésemos unha minusvalía pola falta dun membro superior!

Con esta sesión concienciarnos das dificuldades das persoas que teñen algunha discapacidade xa sexa física ou sensorial!

Viaxe a Santiago de Compostela

Hai xa uns días o noso alumnado de sexto de primaria viaxó ata a capital da nosa Comunidade Autónoma para visitar as institucións: A Xunta de Galicia e o Parlamento. 

Previamente fixemos unha parada moi enriquecedora no "Museo do Pobo galego". Alí tivemos ocasión de  descubrir un pouco do noso pasado. As actividades de grupo animaban a percorrer as diferentes salas e reparar nos obxectos que alí se gardan.

Foi unha xornada moi intensa e moi aproveitada.

 

 

Visitamos a Exposición de Burela In - A Mariña Sen Plástico

Esta mañá o alumnado de 5° de Primaria visitamos a mostra itcnerante de A Mariña Sen Plástico, alí as monitoras de Gaia ensináronnos e explicáronnos toda a exposición.
Foi información moi interesante que esperemos que nos axude a concienciarnos da importancia de reducir o Consumo de plásticos, aprender a reutilizalo da mellor forma posible e especialmente darnos conta da importancia que ten non tirar lixo que poda acabar na natureza.
Algúns datos foron moi sorprendentes para nós, por exemplo non sabíamos que un producto plástico no mar pode recorrer centos de miles de quilómetros. E tamén que un plástico tardará centos de anos en degradarse, ollo en degradarse, que non en desaparecer por completo.
Moitas gracias a Begoña por darnos tan interesantes explicacións.
Distribuir contido


by Dr. Radut