Skip to Content

5º e 6º Primaria

Día das Artes Galegas 2023: Martín Códax

O alumnado de 5º descubriu a importancia do Pergamiño Vindel de Martín Códax, trobador homenaxeado polo Día das Artes Galegas 2023. Ademais, recitaron conxuntamente as sete cantigas que se recollen nel!

Experimentando coa AUGA de GAIA

O alumnado de 5º recibiu a visita das monitoras de Gaia que, como sempre, prepararon para nós uns experimentos moi interesantes e divertidos, que de seguro, repetiremos na casa coas nosas familias! A través de 4 experimentos diferentes, faláronnos de densidades de distintos líquidos (alcohol, mel, aceite de xirasol e de oliva), do osíxeno, a súa perda e o seu volume, da presión, de vidrieiras e lámpadas de lava.... Aquí podedes ver un pequeno resumo da actividade!

Moitas grazas Begoña e María José pola vosa colaboración e paciencia! 

Semana da prensa 2023

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, convertidos/as  en xornalistas, prepararon durante a Semana da Prensa tres programas moi especiais nos que entrevistaron a outros/as compañeiro/as para conversar sobre as festividades e conmemoracións celebradas, as charlas que recibiron e as saídas nas que participaron no que levan de curso.

Aquí podedes visualizar os vídeos. Encendede a tele, conectade coa nosa canle TeleVistalegrín e gozade dos nosos tres programas: TroulaVistalegrín!, Que Vistalegrín anda por aí? e Vistalegríns polo mundo! 

Cartas de Amor... de Amigo

Este pasado 14 de febreiro, día de San Valentín, cada alumno/a de 5ºA realizou unha fermosa postal de "Amor.. de Amigo" para un dos seus amigos/as. Posteriormente cada neno/a dedicoulle ao seu amigo/a unhas fermosas palabras nas que lle comentaba ao seu amigo/a, porque o quería tanto, as cualidades que máis lle gustaban deste/a ou incluso algún detalle bonito que lles ocorrera a ambos desde que se coñecen.

Aquí podedes ver tódolos vídeos destas fermosas dedicatorias. Esperemos que vos gusten!

 

Dedicatoria JORGE A IRIA

 

Dedicatoria IRIA A JORGE

 

Dedicatoria LARA A CRISTIANO

 

Dedicatoria CRISTIANO A LARA

 

 

Dedicatoria UXÍA A ADRIÁN


  

Dedicatoria ADRIÁN A UXÍA


 

Dedicatoria ALBA A HUGO

 

Dedicatoria HUGO A ALBA

  

 

Dedicatoria PAULA A JAVI

 

Dedicatoria JAVI A AMINA

 

Dedicatoria AMINA A IVÁN

 

Dedicatoria IVÁN A MILA

 

Dedicatoria MILA A EFRÉN

 

Dedicatoria EFRÉN A ERIC

 

Dedicatoria ERIC A LUCAS

 

Dedicatoria LUCAS A SARA

 

Dedicatoria SARA A LEO

 

 

Dedicatoria LEO A NOA

 

 

Dedicatoria NOA A JEAN PAUL

 

 

Dedicatoria JEAN PAUL A ÁLVARO

 

 

Dedicatoria ÁLVARO A NEIDIA

 

 

Dedicatoria NEIDIA A JAUME

 

 

Dedicatoria JAUME A PAULA

 

 

Dedicatoria GABI A DALESKA

 

Dedicatoria DALESKA A GABI

 

Distribuir contido


by Dr. Radut