Skip to Content

 

blogue deadmin

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

                        PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICUTDES DESDE O 19 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO

 Documentación que se debe presentar para participar no Fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libro e texto e material escolar.

PROCEDEMENTO AD330B DA WWW. SEDE/XUNTA.ES

DOCUMENTACIÓN QUE OBRIGATORIAMENTE SE DEBERÁ PRESENTAR COA SOLICITUDE:

□   Copia do libro de familia no que figuren os membros computables da unidade familiar.

           □  Se falta de este, ou se a situación cambiou no 31 de decembro de 2020, o número de membros acreditarase mediante:

o   Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

o   Certificado ou volante de convivencia

o   Informe de servicios sociais ou órgano do concello onde se reside.

□   Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

□   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

CONSULTARÁNSE TELEMÁTICAMENTE OS SEGUINTES DATOS (en caso de non autorizar, deberase marcar e entregar fisicamente no centro, tanto orixinal como copia.)

□   Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante

□   Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, do certificado tributario de imputación dos membros computables

da familiar distinto da persoa solicitante do ano 2020

□   Discapacidade dalgún menbro da unidade familiar, incluído o alumno e a persoa solicitante en 31 de decembro de 2020, acreditarase a través de:

o   Discapacidade igual ou superior ao 33%: o certificado do grado de discapacidade.

o   Discapacidade gual ao 33%: Recoñecemento do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento da discapacidade ou

resolución de recoñecemento da pensión

 

          Os que desexen realizar empregando o impreso poden vir recollelo no centro.

CRITERIOS PARA A PROMOCIÓN DO ALUMNADO

Estimadas familias, 

Con motivo da nova Lei Educativa (LOMLOE) e da nova orde de avaliación actualizamos a concreción curricular do centro. 

Aquí podedes ver os criterios para a promoción do alumnado, así como os criterios para o outorgamento da Mención Honorífica en 6º de primaria.

https://drive.google.com/file/d/1yZ5z61pzpnchs5aykOaZQZ1WP5q0Q3Wi/view?usp=sharing

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2022-2023

 

      Normativa:
•    Decreto 254/2012, do 13 de decembro que regula a admisión de alumnado (Dog nº 245 do 26 de decembro de 2012)
•    Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado (DOG nº 53 de 15 de marzo de 2013)
•    Orde do 25 de xaneiro de 2017 (modifica Orde 12 de marzo de 2013), pola que se desenvolve  o procedemento de admisión do alumnado (DOG nº 22 de 1 de febreiro de 2017)
•    Orde do 18 de decembro de 2020 (modifica Orde 12 de marzo de 2013), pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG nº 256 de 22 de decembro de 2020)

A Dirección do CEP Antonio Magariños Pastoriza pon en coñecemento de tódolos/as pais e nais  de alumnos/as interesados/as  en matricular alumnos/as novos neste centro, que dende o 01 de marzo de 2022 ata o 21 de marzo de 2022, ambos incluídos, poden presentar solicitudes de admisión, na secretaría do centro, de 9 a 14 horas.

1    Os impresos de solicitude (ED550B) serán facilitados na secretaría do centro,

na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados ,

na aplicación <admisionalumnado> https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

2    Cada solicitante presentará na secretaría do centro que pide en 1º lugar unha única solicitude. Presentar solicitudes en máis dun centro determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

3    DOCUMENTACIÓN
•    Copia do DNI  da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta
•    Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Libro Familia, DNI, …)
•    Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
•    En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

BAREMACIÓN
Cando o número de solicitudes supere o número de prazas, os solicitantes deberán presentar a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo entre o 24 de marzo 2022 e o 6 de abril de 2022  ( Na páxina web do Centro e no taboleiro de anuncios publicaremos os cursos para os que sexa necesario baremar; tamén poden consultalo chamando ao teléfono do centro)

  •  A lista provisional de alumnado admitido farase pública o 22 de abril  (Prazo de reclamación: 25 de abril ao 29 de abril 2022).
  •  A lista definitiva de alumnado admitido farase pública o 12 de maio de 2022.

4     A partir da data de publicación da lista definitiva de admitidos os/as pais e nais teñen  un mes de prazo contado a partir do día seguinte a súa publicación, para facer reclamacións ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura,  Educación e O.U. (recurso de alzada).
5    O alumnado matriculado neste centro e que presente solicitude de admisión noutro centro distinto, ten a obriga de remitirnos unha copia da solicitude presentada. (Artigo 9 punto 3 da Orde 12 de marzo de 2013)
6    As solicitudes fóra de prazo ( do 22 de marzo ao 25 de abril) presentaranse no centro elixido como 1ª opción.

7   PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 Entre o 20 e o 30 de xuño de 2022. Os impresos de matrícula (anexo III da Orde do 12 de marzo de 2013) serán facilitados na secretaría do centro.
Documentación a presentar para formalizar a matrícula:
•    Certificado ou informe médico. (non é necesario que veña no papel oficial).
•    2 fotos recentes tamaño carné.
•    Copia da tarxeta sanitaria.
•    En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación
< admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) Utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Cambados, 03 de marzo 2022
  A  DIRECCIÓN

                                                   

FESTIVAL DE ENTROIDO

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

O alumnado do Magariños conmemorou o día de Rosalía de Castro cuns cantares á autora ben bonitos. Podedes ver aquí como entoaron as cancións os diferentes cursos. Agardamos que o desfrutedes.

AGRADECEMENTOS ÁS FAMILIAS E A ANPA

Desde o CEP Antonio Magariños Pastoriza queremos agradecer a participación e esforzo de tódalas familias para que os nenos e nenas paticipasen no Entroido do curso 2021/2022.

A festividade foi todo un éxito, así como a chocolatada con churros que a ANPA organizou para o alumnado. Todo o persoal docente do Magariños quere agradecer esta colaboración, xa que a rapazada o desfutou moito.

Nos próximos días procederemos á publicación dos vídeos do Día de Rosalía e tamén do festival de Entroido.

 

Felices festas!!!

25 DE FEBREIRO - O ENTROIDO

Estimadas familias,

 

O vindeiro 25 de febreiro a ANPA convidará aos nenos e nenas a un chocolate con churros no patio do recreo con motivo do Entroido. Desde o centro queremos agradecerlles a súa colaboración.

Así mesmo, recordamos que os días 28 de febreiro e o 1 e 2 de marzo non haberá clase. Así é que as clases comezarán o 3 de marzo (xoves)

 

Feliz entroido!

Distribuir contido


by Dr. Radut