RESERVA DE PRAZA para o curso 2023/2024
Comunícase ás familias do CEP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados, de 6º curso de Educación Primaria que o luns abre o prazo para realizar a reserva de praza para o vindeiro curso 2023/2024.
Como no ano anterior, a Xunta de Galicia elaborou unha aplicación web para poder realizar dita reserva que a poden atopar na seguinte dirección web:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, poden presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
Ademais, aquelas familias que non desexen realizar este trámite a través da Internet, poderán solicitar no centro o documento ANEXO I e I BIS: RESERVA DE PRAZA para que o traian ao cuberto e asinado , antes do LUNS, 6 DE FEBREIRO.
Nota importante:
Aquelas nais/pais que precisen solicitar praza noutro centro distinto do IES Ramón Cabanillas deberán comunicar a renuncia por escrito no CEP Antonio Magariños antes do 6 de febreiro. Unha vez presentada a solucitude de praza no novo centro entregaran no CEP Antonio Magariños unha copia da mesma. (Artigos 9.3 e 11.2 da Orde de 12 de marzo de 2013)
Agradecendo a súa colaboración, reciban un cordial saúdo