Skip to Content

Taboleiro

Visita ao centro polos pais/nais/titores do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso académico.

Estimadas familias. 
 
O xoves 26, ás 19:00 horas, terá lugar a xornada de portas abertas para o alumnado de novo ingreso, de cara ao vindeiro curso. 
Dadas as condicións hixiénico sanitarias que require a actual situación da pandemia SARS-COVID 19, precisamos que todos/as os/as asistentes veñan provistos de mascarilla. Por esta medida, estaremos colocados tratando de manter a distancia de 1,50 metros de seguridade e a visita ás instalacións do centro serán mínimas para garantir as distancias, polo que a realizaremos de xeito fotográfico. 
 
Un saúdo. 

Charla sobre Os Perigos das Novas Tecnoloxías

O alumnado de 3º e de 4º Nivel  recibirán unha “Charla sobre Os Perigos das Novas Tecnoloxías” por parte do SPAD de Vilagarcía.

Terán lugar, o mércores 14 de outubro os de 4º e o venres 16 os de 3º.

Avaliación de Diagnóstico

23/05/2012 09:00
24/05/2012 14:00
Europe/Madrid

Os días 23 e 24 de maio terá lugar a Avaliación de Diagnóstico para o alumnado de 4º.

Quendas do alumnado: axudantes de biblioteca, monitores de xogo, asesores de reciclaxe e mediadores

Podedes consultar o día que vos toca participar nas actividades nas que colaborades como voluntarios clicando nesta ligazón: Quendas. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

Xogos no patio

Xa podedes consultar as quendas de participación como axudantes de biblioteca e como monitores de xogos

 

Turnos de participación

Curso 2010/11

 

Calendario e turnos de participación nos xogos e na Biblioteca durante o recreo

Calendario de xogos e turnos dos Axudantes de Biblioteca durante o recreo

Visita a unha goleta

08/10/2010 00:10
08/10/2010 13:45
Europe/Madrid

O alumnado de 2º Nivel acudirá, cos seus titoras e Protección Civil, o vindeiro venres día 8 de outubro, ao peirao de Tragove para visitar unha goleta dentro do programa "Educa e navega" organizado pola Mancomunidade do Salnés.

Reciclaxe

Os turnos de "Asesores de Reciclaxe" na vindeira semana son os seguintes:

Patio dos Pequenos

Luns: Anxos e Demos

Martes: Nobres

Mércores: Comecocos

Xoves: 6ºB

Venres: Flame 

Patio dos Maiores

Martes: Flame

Xoves: Comecocos

Venres: Anxos e Demos

Xogos alternativos no patio dos maiores

A vindeira semana os responsables da organización e seguimento dos xogos alternativos no patio dos maiores serán os seguintes equipos:

Luns: Populares

Martes: Populares

Mércores: Anxos e demos

Xoves: Flame

Venres: Anxos e demos

Como sempre, cada equipo conta con alumnado de 4º, 5º e 6º para iniciar o xogo. Ao remate do mesmo o equipo organizador ha de recoller no libro de rexistro dos xogos o desenvolvemento do mesmo no patio.

Distribuir contido


by Dr. Radut