Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 28, 2014
Start: 28/05/2014 09:00

O alumnado de 2º tamén sairá pola ribeira para ver como traballan as nosas mariscadoras, o porto, a lonxa...

Luns Xuño 02, 2014
Start: 02/06/2014 09:00

O alumnado de 2º Ciclo tivo un periplo moi ligado ao mar no presente curso.Xa estiveron coas mariscadoras e as redeiras, no porto e na lonxa. Que mellor maneira de pechar o ciclo que adentándonos no mesmo mar a bordo dun catamarán ou contemplando a riqueza dos peixes e mariscos que alí viven no Acuario?.

Mércores Xuño 04, 2014
Start: 04/06/2014 10:00

Un ano máis virán de visita os pequerrechos da Pastora. Ou os maiores da Pastora como dirán eles. Sede benvidos, raparigos. Esperámosvos.

Start: 04/06/2014 12:00

Neira Vilas estará con nós. Todo un luxo para o colexio contar cunha persoa tan ilustre nas nosas aulas. Virá acompañado de Manoele de Felisa, que tan bo recordo deixou nos nenos cando acompañou a Rosalía Morlán. Agardámolos cheos de ilusión.

Xoves Xuño 05, 2014
Start: 05/06/2014 10:00

Os maiores do cole, nenos e nenas de 6º, case mozos, irán visitar o instituto que os acollerá xa no mes de setembro. 

Xoves Xuño 12, 2014
Start: 12/06/2014 11:03

A profesora Dolores, da EEI "A Pastora" estará no noso colexio co alumnado de 2º para facelos disfrutar dunha especial sesión de contacontos.

Venres Xuño 13, 2014
Start: 13/06/2014 11:05

Despois dun ano de implicación, traballo persoal e servizoá comunidade, o colexio quere agradecer especialmente a colaboración dos delegados e subdelegados de clase, dos mediadores, dos axudantes de biblioteca, dos asesores da reciclaxe e dos monitores de xogos. A todos, grazas mil.

Luns Xuño 16, 2014
Start: 16/06/2014 11:01

As profesoras Rosa Fiel e Marina desprázanse a outros centros do Concello para contarlles contos aos nenos/as. Marina collerá camiño da Pastora e Rosa de San Tomé. Esperamos que disfruten da sesión.

Mércores Xuño 18, 2014
Start: 18/06/2014 11:07

Como non podía ser doutro xeito, tamén os que participaron na actividade de teatro teremos un encontro especial no recreo.  Ábrese o telón para vós, actores e actrices do Magariños.

Venres Xuño 20, 2014
Start: 20/06/2014 09:00
Martes Xuño 24, 2014
Distribuir contido


by Dr. Radut