Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 06, 2014
Start: 06/05/2014 11:00

O alumnado de 3º A e 3ºB visitou no día de hoxe o Concello de Cambados. Alí recibiunos o noso alcalde, D. Luis Aragunde e estivemos no salón de Plenos. Explicounos moitas cousas interesantes sobre Cambados, algunhas delas xa as estudaramos na clase: cantas parroquias ten, cales son os monumentos máis importantes, cales son as principales actividades económicas ...

Mércores Maio 07, 2014
Start: 07/05/2014 15:40

O escritor Ramón Caride estará no centro e poderemos coñecer máis de cerca e falar co autor de obras como "Perigo Vexetal", "Catro amigos pillabáns",  "Micifú e os seus amigos" "A pomba Dona Paz" ... e moitos outros. 

Martes Maio 13, 2014
Start: 13/05/2014 12:42

A escritora Rosalía Morlán, achegaranos ao mundo da beleza nos escritos e ensinaranos como crear poesía. Vai acompañala o cantautor Manuele e poderemos escoitar e coñecer a través da súa voz os escritos de outros poetas galegos. Disfrutaremos da súa presenza. 

Mércores Maio 14, 2014
Start: 14/05/2014 09:00

O alumnado de 3º sairá a mariscar!... A ver o traballo das mariscadoras, a lonxa, o porto ... Que emoción!

Start: 14/05/2014 11:30

A Escola Municipal de Música de Cambados vainos agasallar aos escolares cambadeses cun concerto didáctico no que poderemos coñecer en directo o son característico e as posibilidades de moitos e variados instrumentos musicais. 

Venres Maio 16, 2014
Start: 16/05/2014 12:45

Como ven sendo tradición ás portas da celebración das Letras Galegas, o alumnado do centro acudirá onda o monumento a Ramón Cabanillas para facer a ofrenda floral e recitar, con outros centros do Concello, poemas dos nosos máis importantes escritores e en especial de Xosé María Díaz Castro, autor ao que se lle adica este ano este día tan especial.

Distribuir contido


by Dr. Radut