Skip to Content

 

Manifesto do proxecto: "Polos Carreiros de Uxío Novoneyra"

26/03/2010 10:45
26/03/2010 12:00
Etc/GMT+1

O venres estivo no centro o poeta Xosé María Vila Ribadomar para ler o "Manifesto" do proxecto que se está a desenvolver no centro: "Polos carreiros de Uxío Novoneyra". Completaron o acto a lectura dunha pequena biografía sobre Uxío Novoneyra, así como a lectura compartida dun pequeno conto de Uxío "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" na que participaron alumnos/as de todas as aulas. Concluíuse o evento coa proxeccción dunha montaxe na que o alumnado puido contemplar as paisaxes do Caurel acompañadas de versos do poeta. Finalmente fixémoslle entrega ao Xosé María Vila Ribadomar dun pequeno agasallo como mostra do noso agracedemento por ternos adicado a súa preciosa composición poética



event | by Dr. Radut