Skip to Content

 

Calendario para a admisión do alumnado para o curso 2020-2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Curso 2020-2021

Para o presente mes de marzo o calendario de aplicación do procedemento de admisión do alumnado procedente doutros centros docentes é o seguinte: 
 
1-23 MARZO
Presentación Solicitudes
23 MARZO -13 ABRIL
Presentación Documentación Baremo
24 ABRIL
Publicación Lista Provisisonal
25 ABRIL -2 MAIO
Presentación Reclamacións
14 MAIO
Publicación Lista Definitiva Admitidas
20-30 XUÑO
Formalización Matrícula

 

DO 1 AO 20 DE MARZO
 
Presentación de Solicitudes
 
As solicitudes que se vaian presentar en sede electrónica unicamente poderán realzarse ata o día 20. Como no noso centro o día 19 e 20 son festivos, aquelas que se presenten con posterioridade, unicamente se poderán entregar en formato papel e entregadas no centro. 
 
As persoas solicitantes teñen que entregar a seguinte documentación:
·       Impreso ED550B
 
Pódese coller no centro e cubrir a man ou facelo online desde a Sede Electrónica da Xunta.
  • Libro de familia
  • Fotocopia de DNI no caso de que non autoricen a consulta de datos de identidade
  • Certificado de empadroamento
  • Certificado de familia numerosa. En caso de que o alumno/a conviva con persoas alleas aos proxenitores traer o certificado de convivencia.
  • No caso de familias en situación de separación necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que sexa en caso de violencia de xénero, será preciso presentar a resolución xudicial.
 
Importante: Só se  pode presentar unha única solicitude que se entregará no centro que se pida coma primeira opción. O non cumprimento desta norma invalida a solicitude.


page | by Dr. Radut