Skip to Content

 

Como entendemos a educación?

Queremos un Centro aberto, participativo acorde coas normas establecidas e a innovación educativa; un alumnado libre, tolerante, democrático, responsable, formado técnica e culturalmente, con hábitos positivos e habilidades para a vida; un profesorado profesional, libre, plural, motivador, dinamizador de grupos, eficaz;  e unha comunidade educativa colaboradora, respectuosa, participativa e informada. Fomentamos  especialmente os valores cívico-éticos e a  preparación do alumnado para a participación activa nunha sociedade democrática.

A lingua vehicular do Centro é o galego. Pretendemos que o alumnado acade cando remate a Primaria igual grao de competencia lingüística en galego que en castelán.

A modalidade de xestión institucional que asumimos é a dos acordos por consenso da Comunidade Educativa.

Tentamos  ofrecer unha atención á diversidade do noso alumando ó longo de toda a Primaria adaptando o ensino ás peculiaridades dos discentes.

Os principios metodolóxicos xerais, comúns a todo o profesorado son os dun ensino activo que fomenta a creatividade e a adaptación a situacións novas nunha sociedade que evoluciona;  un ensino  onde propiciamos a participación entre as nenas e nenos do grupo; un ensino lúdico, que parte dos intereses e motivación do alumnado; un ensino compensatorio, constructivo, onde o neno pode atribuír significado ó coñecemento novo a partir do que xa sabe establecendo con el novas relacións,  e un ensino globalizado.

 

O noso centro é un Colexio de ensinanza Pública  que pretende a formación integral do alumnado tendo en conta cada intre da súa vida e o respecto ás diferencias individuais.

Queremos unha escola inclusiva na que día a día vaiamos quitando as barreiras á aprendizaxe e á participación.



story | by Dr. Radut