Skip to Content

Proxecto de fomento do galego para o curso 2011/ 12

Fai uns días presentamos o Proxecto de fomento do galego para este curso 2011/ 12, proxecto que ten os obxectivos seguintes:

CENTRO

1.      Reflexionar sobre os niveis de normalización acadados e tratar de melloralos.

2.      Seguir estudando a realidade sociolingüística da comunidade escolar.

3.      Estimular o uso da lingua galega nos ámbitos de influencia do Centro.

4.      Colaborar nos programas de normalización que emprendan as entidades públicas.

5.      Implicar aos distintos sectores da comunidade escolar no desenvolvemento de actividades onde o galego sexa a lingua vehicular.

6.      Normalizar o uso das TIC en galego nas actividades educativas cotiás.

7.      Conseguir a autoestima pola lingua galega e prestixiala.

8.      Garantir o cumprimento das leis aprobadas sobre a lingua galega.

9.      Valorar positivamente os momentos nos que o alumnado se expresa en galego.

10.  Escoller entidades ou persoas que usan preferentemente a lingua galega para as actividades que se desenvolvan no noso Centro.

11.  Potenciar a participación dos membros da comunidade escolar na publicación das súas novas na páxina web do centro en lingua galega

12.  Potenciar a lingua e cultura de Galicia aproveitando as distintas efemérides cíclicas, e en especial a da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

13.  Mercar bibliografía e MAV en galego axeitados aos niveis do Centro.

14.  Poñer os medios necesarios para que os inmigrantes se integren no uso e aprendizaxe do idioma galego.

15.  Impulsar a creación literaria en lingua galega .

16.  Conseguir o desenvolvemento das competencias básicas: na compresión oral e escrita, na expresión oral e escrita do alumnado.

 

ALUMNADO

1.      Utilizar oralmente a lingua galega nos obradoiros, charlas e actividades complementarias.

2.      Celebrar o Día da Constitución e o Estatuto de Galicia con lectura de artigos deses dous documentos lexislativos en galego.

3.      Participar en representacións e interpretacións musicais en galego.

4.      Participar en mesas redondas, charlas ou debates adaptadas a cada ciclo onde o galego sexa o idioma de comunicación.

5.      Visitar empresas, entidades ou lugares de interese didáctico que empreguen preferentemente o idioma galego.

6.      Realizar creacións literarias e  contacontos para o uso oral da lingua galega.

7.      Escoitar charlas de escritores  ou ilustradores galegos (literatura infantil).

8.      Intercambio de experiencias cos outros centros do concello de Cambados ou doutros lugares.

9.      Utilizar sempre o galego nas materias que corresponden por lei.

10.  Dialogar en galego no Centro coas persoas que veñan a falar do seu traballo.

11.  Participar no PROXECTO DIDÁCTICO: “Xogas?

 

NAIS E PAIS

1.      Informarlles da lexislación respecto á lingua galega e da necesidade de que os seus fillos e fillas sexan competentes  na escrita e oralmente no nosa lingua.

2.      Implicación a ANPA na actitude favorable cara á lingua galega.

3.      Fomentar a participación de nais, pais ou doutras persoas do contorno para  que trasmitan a tradición oral das nosas xentes: Cancións de berce, cantigas e panxoliñas de Nadal, cantarelas contos, lendas, refráns, oficios, costumes, festas…

4.      Lograr a participación en galego das nais e pais na publicación das súas novas na páxina web do centro.

5.      Intentar que os pais participen nos proxectos en lingua galega que proxecte o EDLG.

6.      Motivar a participación activa dos pais en actividades relacionadas coa difusión e mantemento de costumes e tradicións da nosa cultura.

7.      Incitar as nais e os pais para que sexan un exemplo motivador para os seus fillos no emprego cotiá da lingua.

8.      Participar no PROXECTO DIDÁCTICO:Xogas?

 

PROFESORADO

1.      Participar nas actividades que propoña o EDLG, especialmente no PROXECTO DIDÁCTICO:Xogas?

2.      Elaborar materiais transversais de lingua, literatura, arte, tradicións, arquitectura popular....

3.      Motivar a creación literaria e plástica.

4.      Fomentar o coñecemento de  outros escritores, artistas, artesáns do tempo de Valentín Paz Andrade.

5.      Fomentar actividades de recuperación da tradición oral, etnográfica…

6.      Intercambio de experiencias lingüístico - literarias dentro do propio centro e transmisións de experiencias intercentros.

7.      Valorar positivamente os momentos nos que o alumnado se exprese en galego.

8.      Participar naquelas actividades relacionadas coa lingua e literatura que convoquen entidades públicas e asociacións de mestres.

 

 

 DOS EDLG

1.      Agruparse para unha mellor coordinación no desenvolvemento da normalización e dinamización lingüística dos centros do noso concello.

2.      Fomentar  e intercambiar actividades comúns relacionadas coa normalización lingüística.

3.      Difundir as actividades realizadas polos centros e propostas polos EDLG nun blog común.

4.      Escoller un poema de Valentín Paz Andrade en cada centro escolar para elaborar material didáctico sobre o autor e ese poema.

5.      Musicar cada centro con un poema distinto.

6.      Enviar poemas ,deste escritor,aos pais,nais para unha actividade con imaxes.

 

 

Entre as actividades a desenvolver destacan as relacionadas co proxecto didáctico ¿Xogas? e son as seguintes:

 

 

 

1. “Coñecemos a Valentín Paz Andrade”

·         O alumnado do 3º ciclo en colaboración cos titores elaborará, por equipos, unha montaxe co resumo da biografía e obra do poeta.

 

2. “Presentación do Proxecto”

·     Presentación do Proxecto polo EDLG

·     Lectura do manifesto polo seu autor.

·     Recital con poemas de Valentín Paz Andrade (alumnado, nais-pais, escritores…)

 

 

3.“Recompilación de xogos, retahílas e sortes populares e tradicionais”

·         Investigación e recollida de xogos populares e tradicionais por parte do alumnado a través das familias. Nesta actividade aproveitaremos para traballar os textos normativos a nivel de centro.

·         Elaboración dun ficheiro de xogos populares e tradicionais, indicando brevemente as regras e os materias que se empregan para a súa práctica, incluíndo unha foto ou un debuxo. Búsqueda de información con entrevistas e búsqueda en Internet.

4. “Elaboramos os nosos xogos ”

·         Creación de materiais para a posta en práctica dos xogos a traballar. Para esta actividade contaremos coa participación de todo o alumnado e o profesorado do centro, dos pais/nais e co persoal da ludoteca do concello. Búsqueda na Internet e bibliografía.

 

5. “Cambados da moito que  xogar”

·         Creacións  literarias e plásticas inspiradas nos xogos traballados.

·        Exposición das creacións literarias e plásticas.

·         Organización de torneos de xogos populares e tradicionais tanto a nivel de centro como intercentros.

 

 6. “Xogos á porta”:

·         Búsqueda de xogos populares e tradicionais ós que se xogara na nosa comunidade... Vocabulario, regras dos xogos, posta en práctica...

·         Elaboración e colocación dun cartaz, tamaño A4, cos distintos xogos que se practicaron na nosa comunidade, que se pendurará na porta de cada unha das aulas.

·         Cada mes penduraremos un cartaz con un xogo distinto.

 

 7. “VII concurso Latexo das verbas” 

·         Concurso literario organizado polo centro co alumnado de 2º e 3º ciclo.

 

8. Os xogos na web”

·         Publicación na páxina web do centro do proxecto e das actividades que vaiamos realizando co alumnado.

·         Publicación na web de poemas compostos polo alumnado partindo da obra de Valentín Paz Andrade.

 

9. “Xogando cos poemas de Valentín Paz Andrade”

·         Co grupo de “Taller de expresión” do colexio, dramatizaremos diversos poemas relacionados con  Valentín Paz Andrade.

·         Musicaremos un poema de Valentín Paz Andrade co alumnado de cada ciclo do centro.

 

10. “Os xogos na nosa vila”

·         Investigamos sobreós lugares nos que se prácticaba algún xogo popular ou tradicional: Carreira de bolos, campos de chave e publicamos na web o que descubrimos...

·         Participación en charlas con: Av@s, pais/nais xogadores, persoal da ludoteca...

 

11. “Viaxamos coa nosa lingua”

·         Elaboración dun conto cos nosos xogos no que participarán todos os grupos do centro.

·         Comunicarémonos co alumnado do C.E.P Altamira (Salceda de Caselas) mediante un intercambio de cartas.

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut