Skip to Content

Actividades e saídas. Infantil e Primaria

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

 

 O alumnado de Infantil e Primaria realizou varios experimentos científicos e ensinou os seus traballos aos compañeir@s e profesor@s.

Pódese ver unha mostra no seguinte vídeo.

 

 

Un día en bici no Pichel

Este martes 25 de abril tivemos unha xornada especial na que a bici foi a protagonista. Despois de contar cunha sesión de destreza e habilidade impartida por membros do Club Ciclista de Carballo, recibimos a Alberto Andreu, un mestre que levou a cabo  proxecto Pon una bici en tu vida no que o Pichel colaborou estreitamente. Un día máis fomos noticia.

A caravana da saúde no noso centro

Este pasado martes 18 de abril recibimos a visita da caravana da saúde. Esta iniciativa está enmarcada nun gran proxecto no que participa Carrefour e conta coa colaboración de Ferran Adriá. O alumnado disfrutou da cociña elaborando saudables menús.

 

O PICHEL INAUGURA O SEU INVERNADOIRO

A semana pasada inagurouse o invernadoiro de Infantil e Primaria coa colaboración dun pai.

Premede aquí para ver un VÍDEO

 

RELATOS DE TERROR, CABAZAS E VASOIRAS...

Podedes ver os gañadores dos relatos de terror, as cabazas e as vasoiras gañadoras desta edición do Samain 2015 en Educación Infantil e Primaria.

SACOS DE ESPERANZA NO XOSÉ PICHEL

Con este titular, a Voz de Galicia, recoñecía o esforzo dunha alumna do noso centro, Valeria García, pola recollida de 31 sacos de tapóns solidarios para facer entrega a Fundación Seur. Podedes premer aquí para ver a noticia no xornal. Norabóa Valeria¡¡¡

Actividades no Concello

Este mércores 12, o alumnado de EI acudiu o salón de usos múltiples do Concello a ver a obra de teatro "Martes" de Baobab e o venres 15, o alumando de 1º ciclo verá a obra de teatro "Tres días mimosos" de Duende Sico. Podedes premer nos títulos das obras para coñecer máis das representacións.

O alumnado de EI e 1º ciclo de EP celebramos o San Martiño en Cabana

O alumnado de EI e EP celebrou o San Martiño en Cabana, degustamos castañas, escoitamos un conto de Anxo Moure e bailamos con Ce Pantasma.

CERTAME RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO

O alumnado de 6º nivel de EP do noso centro participou no Certame radiofónico de teatro lido Xosé Manuel Eirís. Este domingo celebrouse a gala final, podedes premer aquí para poder escoitar a obra representada polo noso alumnado. Norabóa a todos¡¡¡

REGUEIFAS NA SEMANA CULTURAL

Esta pasada semana celebramos no CPI a Semana Cultural, unha semana cargada de múltiples actividades dirixidas a todo alumnado e que rematou o venres cunha Xornada de regueifas nas que Suso de Xornes e Guillermo da Rabadeira fixeron as delicias de todo o alumnado e o profesorado presente. Podedes ver o resultado da actividade tal e como o recolleron algúns periódicos.

        

Distribuir contido


by Dr. Radut