Skip to Content

Actividades e saídas. Infantil e Primaria

SEMANA CULTURAL EN EI E EP

Durante esta semana o alumando de EI e EP participará na Semana Cultural en diversas actividades. Por unha banda están organizadas actividades nas que os nenos e nenas, a través de diversos xogos, acercaranse a obras de pintores coñecidos  asi como a músicas do mundo, tamén levarán a cabo diversas pinturas libres sobre Rios e mares e tamén Pinturas rupestres con carbón. Do mesmo xeito, tamén se conmemorará o 50 aniversario de Mafalda. Por outra banda o alumnado de 2º e 3º ciclo recibirá diversas charlas sobre Bandas xuvenis e Novas tecnoloxías impartida pola Garda Civil así como tamén contaremos coa presencia do contacontos Inacio Vilariño. Para remartar, ó final da semana contaremos cunha Xornada de Regueifas.

DIA DE ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro celebrámolo 177 aniversario de Rosalía de Castro, por este motivo o alumnado de Primaria quixo facerlle unha homenaxe recitando diversos poemas acompañados por coreografías e proxeccións de Rosalía. Podedes ver un fermoso video da actividade premendo aquí.

VISITA O CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO

Este xoves 27 de febreiro o alumnado de 1º ciclo de primaria, ó igual que fixo o pasado 19 o alumnado de 2º ciclo, visitará no CEIP Mosteiro de Caaveiro en A Capela unha exposición de xogo popular galego, xoguete africano feito a man e disfrutarán dunha xornada lúdica de xogos populares guiados polos mestres de Educación Física. Podedes ver o resulatado da visita de 2º ciclo premendo aquí.

Día escolar da paz e de non violencia

Este xoves 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Paz e de Non violencia. Durante toda a semana fixemos diversas actividades, unha sopa de letras sobre a Paz, o seu símbolo e como acto final os alumnos de 6º fixemos unha pequena homenaxe a Nelson Mandela, rematando coa representación do símbolo da paz por parte de todo o alumnado e profesorado. Podedes ver algunha foto premendo aquí.

DE MAXIA CON CAYETANO LLEDÓ

Este venres 13 de decembro o alumando de 4º e 5º de primaria acudirá o edificio de usos múltiples do concello a ver o espectáculo de maxia "O circo máximo do nadal" a cargo de Cayetano Lledó.

ENTREGA DE TAPÓNS SOLIDARIOS

Este luns 9 de decembro fíxose entrega dos 34 sacos de tapóns que toda a Comunidade educativa do CPI Alcalde Xosé Pichel logrou reunir durante este ano. A entrega tivo lugar no patio e foron recollidos por un representante da Fundación Seur. Podedes premer aquí para ver a noticia. Noraboa a todos polo esforzo e solidariedade.

VENTOLERA DE CONTOS

Este martes 3 de decembro o alumnado de 2º e 3º nivel de primaria desprazarase o Edificio de Servivcios Múltiples do concello para asistir, a partir das 11:30 horas, a representación musical "Ventolera de contos" a cargo de Marisa Irimia.

"CONTOS PARA UN CALDIÑO" DE BAOBAB

Este venres 22 de novembro o alumnado de Educación Infantil verá o obra de teatro "Contos para un caldiño" representada pola compañía Baobab no edificio de servicios múltiples do concello. Podedes premer no logo da compañía para coñecer a sinopse da obra.

"CONTOS CLÁSICOS" DE XANDOBELA

Este venres 15 de novembro o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria asistitirá a sala de usos múltiples do Concello a ver a representación de teatro "Contos clásicos" de Xandobela.

O MAGOSTO E OS XOGOS POPULARES

Este venres 8 de novembro celebramos o Magosto cunha degustación de castañas e cunha sesión de xogos populares organizados Estela Portas, a mestra de Educación Física. Podedes premer aquí para ver un video e fotos da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut