Skip to Content

Actividades e saídas. Infantil e Primaria

VISITA DO ALUMNADO DE PRIMARIA AO MUNCYT

Este martes 20 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria visitará o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía MUNCYT na Coruña.

Campaña de recollida de roupa

Un curso máis o noso centro colaborou coa Fundación Santa Lola. Esta Fundación leva a cabo unha campaña de recollida de roupa usada para o apoio de proxectos a favor da infancia e da xuventude. O noso centro, a través do alumnado e das súas familias, recolleu decenas de sacos de roupa para colaborar nestas boa causa. Noraboa a tod@s e grazas por colaborar.

REVISTA ASUBÍOS

Xa se publicou a versión dixital do número 49 da revista Asubíos. Nela poderedes ver parte do traballo levado a cabo no noso centro durante este curso. O resultado da revista é fantástico, felicitamos desde aquí á coordinadora de dinamización lingüística por este traballo e anímovos a ver o resultado.

FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA

Este sábado celebrouse en Acea de Ama a festa de fin de curso de Voz Natura. Organizáronse un montón de actividades e xogos para os maís pequenos e expuxéronse os diferentes  proxectos e traballos elaborados polos centros participantes, entre eles, o noso. Podedes premer aquí para ver outros traballos.

VISITA DOS BOMBEIROS

Este martes 29 de maio recibimos a visita de varios membros do Corpo de Bombeiros de Carballo. Despois dunha interesante charla sobre os perigos do lume, ofrecéronnos a posibilidade de coñecer de preto diferentes vehículos que empregan no seu traballo diario. Podedes ver alguna foto premendo na imaxe.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO ARTÍSTICO LITERARIO

O día 23 de maio fixéronse entrega dos premios ós galardoados no Concurso artístico literario. A entrega fíxose no edificio de Usos Múltiples do Concello. Aproveitase esta entrada para coñecer o novo blogue do cole de Dinamización da Lingua e ver alguna foto do evento. Norabóa a todos.

VISITA A BELELLE

O pasado 18 de maio o alumnado de EI e 1º ciclo de Primaria fixo unha visita a Granxa Escola de Belelle. Pasámolo xenial, coñecemos animais que nunca víramos, montamos en pony,...Se queredes ver máis, premede aquí.

VISITA DOS COMPAÑEIROS DO CEIP DE SAN VICENZO

O pasado 25 de maio recibimos no noso centro ó alumnado do CEIP San Vicenzo de Vimianzo na primeira xornada lúdico - deportiva que celebramos no noso centro. O alumnado de 5º pasouno moi ben coas actividades organizadas por Estela, a nosa mestra de Educación Física. Podedes ver aquí un video resumo da actividade.

Visita do CEIP San Vicenzo

O alumnado do CEIP San Vicenzo nos visitará a finais desta semana para unha xornada deportiva.

Visita o Centro de interpretación do xogo popular

O pasado venres 20 de Abril, o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria visitou o Centro de Interpretación do Xogo Popular que está situado no CEIP Mosteiro de Caaveiro na Capela. Foron os propios nenos e nenas deste centro os que nos explicaron os xogos. Podedes premer aquí para ver un video resumo da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut