Skip to Content

Actividades e saídas. Infantil e Primaria

Saída do alumnado de 2º ciclo

O pasado xoves 26 de maio, o alumnado de 2º ciclo fixo a saída de fin de curso visitando Muros, Louro e a fervenza do Ézaro. Podedes ver algunhas fotos da saída premendo aquí.

SAIDA DE FIN DE CURSO DE EI E 1º CICLO DE EP

Este martes 31 de maio o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria fixemos unha saída na que visitamos a fábrica de patacas fritidas de Bonilla e fixemos unha visita a Torre de Hércules, Podedes ver as fotos premendo aquí.

PREMIO AO BLOG DE VOZ NATURA DO CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL

O blog dos ecopatrulleiros do Pichel foi seleccionado como o mellor Blog da comunidade virtual de Voz Natura.

Podedes ver a noticia publicada no xornal do luns.

Noraboa a tod@s¡¡¡¡¡¡¡¡

LETRAS GALEGAS 2011

Con motivo da celebración das Letras Galegas os nenos/as de Educación Infantil e Primaria asisten ao longo desta semana e da que ven a varias actividades:

12 de maio :Contacontos para os nenos de 6º nivel.

18 de maio :Contacontos para os nenos de 2º,3º,4º e 5º nivel.

19 de maio :Títeres para os nenos de Educación Infantil e 1º nivel.

 

...E PARA REMATAR A SEMANA CULTURAL, CELEBRÁMOLO DÍA DO LIBRO.

Durante esta semana, como ben sabedes, celebramos a Semana Cultural, tanto en Infantil e Primaria como en Secundaría. Os nenos e nenas de Infantil e Primaria fixemos moitas actividades, o luns disfrutamos coas audicións de Música Clásica, o martes fixemos un Obradoiro de pintura, o mércores expuxemos Láminas de arte, o xoves disfrutamos cos Xogos de mesa e tradicionais e o venres celebramos o Día do Libro situando a nosa biblioteca no patio e con outras moitas actividades que podedes ver nestas fotos.

VISITA AO OLEIRO DE BUÑO E MALPICA

O pasado xoves 31 de Marzo os alumnos/as do 2º Ciclo de Educación Primaria visitaron o oleiro de Buño e desfrutaron do entorno de Malpica.


Xa podedes ver as súas fotos clicando aquí.

FOTOS DA CELEBRACIÓN DO ENTRODO 2011

Xa podedes ver algunhas das fotos da celebración deste Entroido 2011, o desfile polo pobo, as fotos dos grupos,...

Visita ó Aquarium

Este venres 25 de Febreiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria visitamos o Aquarium Fisterrae de A Coruña. Coñecimos a Gastón e a Hermosa, os tiburóns que custodian o Aquarium e, como non, vimos como comían as focas. Preme no logo do Aquarium para poder ver as fotos.

 

 

 

O día da paz

Un ano máis celebrámolo día da Paz. Nesta ocasión reunímonos no patio do colexio para ler un manifesto inspirado na Declaración de Yamoussoukro sobre a Paz, tamén cantamos e bailamos coa canción de Juanes "Paz, paz, paz" e rematamos cunha solta de pombas da paz. Xa podedes ver algunha foto do acto. 

 

  A Paz é esencialmente o respeto á
vida.

 A Paz é o ben máis apreciado pola
humanidade.

A Paz é máis que o fin dos conflicos
armados.

A Paz é un comportamento.

A Paz é liberdade, xustiza,
igualdade e solidariedade.

A Paz é  tamén unha relación harmoniosa entre a humanidade
e o medio ambiente.

Inspirado na Declaración
de Yamoussoukro sobre a Paz

O día da paz

Un ano máis celebrámolo día da Paz. Nesta ocasión reunímonos no patio do colexio para ler un manifesto inspirado na Declaración de Yamoussoukro sobre a Paz, tamén cantamos e bailamos coa canción de Juanes "Paz, paz, paz" e rematamos cunha solta de pobas da paz. Xa podedes ver algunha foto do acto. 

 

  A Paz é esencialmente o respeto á
vida.

 A Paz é o ben máis apreciado pola
humanidade.

A Paz é máis que o fin dos conflicos
armados.

A Paz é un comportamento.

A Paz é liberdade, xustiza,
igualdade e solidariedade.

A Paz é  tamén unha relación harmoniosa entre a humanidade
e o medio ambiente.

Inspirado na Declaración
de Yamoussoukro sobre a Paz

Distribuir contido


by Dr. Radut