Skip to Content

Actividades e saídas. Infantil e Primaria

Títeres dos Titereficcios

Este venres 8 de novembro o alumnado de 1º ciclo de Educación Primaria asistirá o espectáculo de títeres ofrecido pola compañía Titereficcios. Presentarán a súa obra "Gofken e o libro máxico". Podedes coñecer maís dos Titereficcios premendo aqui.

Saída a Marcelle

O alumnado de 1º ciclo de Educación Primaria visita hoxe o Parque Zoolóxico de  Marcelle.

Homenaxe a Manuel María

Este pasado venres 1 de marzo o alumnado de Infantil e Primaria renderon unha homenaxe a Manuel María. Entre os poemas recitados polo alumnado están O cuco, O arco da vella, O foguete ou Galiza. Podedes ver a representación do alumnado premendo aquí ou visitando o blogue da Biblioteca.

DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non violencia. Cantamos todos xuntos a canción de Macaco "Una sola voz", fixemos a dramatización do conto "Unha manchea de bicos" de Antonia Rodenas e creamos este mural. Preme aquí para ver máis fotos.

VISITA DO ALUMNADO DE 3º CICLO DE EP A SOTAVENTO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria visitará o Parque eólico experimental de Sotavento en Xermade (Lugo) para coñecer algo máis sobre o uso das fontes de enerxía renovables.

CELEBRACIÓN DO NADAL EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.

Durante a semana do 17 ó 21 de decembro, o alumnado de Infantil e Primaria organizamos diversas actividades para celebrar o Nadal. Organizamos un Mercado solidario, cantamos panxoliñas, degustamos doces típicos coas familias  e recibimos a visita dos Reis Magos.

10 anos do Prestige

O pasado 13 de novembro recordamos o accidente do Prestige. O alumnado elaborou múltiples debuxos plasmando a súa particular visión deste accidente.

SEMANA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebrouse o Dia Interncacional de Loita contra a Violencia de Xénero. No noso centro quixemos recordar esta data e durante esta semana traballouse esta temática a través de varias actividades. Repartíronse lazos morados, traballáronse contos dende a Biblioteca como "Arturo y Clementina" e na megafonía do centro escoitáronse cancións contra a violencia de xénero como "Ella" de Bebe, "Mujer" de Orishas ou "Se acabaron las lágrimas" de Huecco. 

O ALUMNADO DE INFANTIL IRÁ A VER "PIO" DE CARAMUXO TEATRO

O alumnado de Infantil irá o martes 27 a ver a obra "Pio" de Caramuxo Teatro dentro do Programa Cultural ofertado polo Concello. Podedes coñecer algo máis desta obra premendo na imaxe.

Visita 50000 do MUNCYT

O noso alumnado, que este pasado martes vistou o MUNCYT na Coruña, converteuse no visitante 50000 do Museo. Fomos recibidos polo director do Museo, Ramón Nuñez, que nos entregou diversos agasallos. Podedes ver a noticia neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut