CREANDO UN NOVO MONTE

O pasado día 21 de marzo, coincidindo co Día da Árbore, os alumnos de 4º da ESO visitamos a iniciativa do monte demostrativo na ladeira sur do Pico Sacro.

Dito monte ocupa 18 ha, e anteriormente era un eucaliptal e un conxunto de campos de cultivo de baixo rendemento pertencente a 11 propietarios. Hoxe estas 11 persoas en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia (ACEFGA), Forest Stewardship Council (FSC), o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, diferentes unidades e laboratorios da Universidade de Santiago e un aporte económico do grupo INDITEX están a transformar este terreo degradado nun referente de explotación silvícola rendable, sostible e educativa.

Para acadar este obxectivo, o día 21, presentouse o proxecto a diferentes autoridades e nós acudimos co obxectivo de aprender e plantar varios carballos autóctonos, que se unirán ás cerdeiras, nogueiras e castiñeiros da plantación.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013