Preme en cada curso para ver as datas de exames:
|
|
* O calendario de exames actualízase na páxina web semanalmente.
A Consellería de Educación ofrece un exame para acreditar a competencia dixital do alumnado de 4ºESO. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 23-24 recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esta acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
O prazo de matrícula remata o venres 15 de marzo.
Para máis información podedes premer nesta ligazón.
O prometido é débeda. Aquí vos deixo a presentación da reunión con todos os vínculos para que poidades ter a información precisa para axudar aos vosos fillos e fillas a encamiñar o seu futuro académico.
Para calquera dúbida estou a vosa disposición no Departamento de Orientación, previa cita.
Antonio Ovidio Carreira
Xefe do Departamento de Orientación
O 28 de novembro o alumnado de 4eso realizou unha visita, organizada polo departamento de Tecnoloxía ás instalacións do CESGA e o IGFAE, no campus sur De Santiago.
No CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) o alumnado puido acceder ás instalacións do súpercomputador Finisterrae e o computador cuántico de recente instalación.
No IGFAE ( Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) diversos investigadores mostraron i explicaron ao alumnado algúns dos proxectos de investigación, de física de partículas, nos que colabora a institución.
Moi agradecidos pola boa acollida e as explicacións recibidas!!
INFORMACIÓN ACTUALIZADA PARA O CAMPAMENTO
Chegou ao centro a información actualizada sobre a quenda 6 na que vai ir o noso alumnado ao campamento de dixitalweek. Podedes vela na seguinte ligazón:
O noso centro solicitou a Dixitallweek convocada na resolución do 29 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Esta é unha actividade gratuita que consiste nun programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais e está dirixida ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria. A nós foinos concedida para o alumnado de 2º de ESO na semana do 6 ao 12 de novembro. As familias serán convocadas para unha reunión informativa. Abaixo presentamos a información máis relevante neste momento.
A Resolución do 10 de xuño de 2022, da Direccion Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, regula a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO no curso 2022/2023.
O alumnado interesado e os seus responsables legais deberán cubrir un compromiso de participación e entregalo asinado na oficina do centro antes do 15 de setembro. O impreso para cubrir figura como adxunto ao final desta nova e pódese descargar premendo neste enlace.
O alumnado escollerá, asesorado polo profesorado de lingua estranxeira, o nivel de competencia da proba á que se presentará. Cada alumno e cada alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade. As familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que este non se poida realizar no propio centro educativo.
A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2022/2023, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante por rigorosa orde de entrada da solicitude no rexistro do centro.
Ante a situación extraordinaria que se está a rexistrar no presente curso, procede modificar as programacións didácticas iniciais. Dáselle publicidade ás Programacións Didácticas Adaptadas de Educación primaria e Educación Secundaria do curso 2019-2020, onde se describen os criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe, avaliación, criterios de cualificación...