Historial

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Tagged:  

Xa está a piques de rematar o curso e desde a biblioteca queremos aproveitar para recomendarvos algunhas lecturas que seguro vos refrescarán no verán. 

Aproveitamos tamén para deixarvos uns fabulosos programas de radio elaborados polo alumnado de 2º da ESO sobre Florencio Delgado. Podedes escoitalos premendo aquí.

Boas vacacións!

RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DO LIBRO 2022

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos compartir con tod@s vós as nosas recomendacións lectoras para que desfrutedes nesta Semana do Libro. Ademais, podedes consultar outras propostas interesantes que nos están a chegar a través da nosa conta de Instagram @biblioforte.

Boa lectura!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos presentarvos as nosas recomendacións para que desfrutedes deste Nadal cun bo libro na man.

Ademais queremos propoñervos que rematedes o ano escollendo a Palabra do Ano 2021. Para participar só tedes que premer na seguinte ligazón e votar por calquera das finalistas:

Animádevos a participar e pasade un moi BO NADAL!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Tagged:  

Estamos a piques de rematar o curso e desde a biblioteca queremos contribuír a que pasedes un verán fabuloso propoñéndovos algunhas lecturas que seguro vos van gustar.

Lembrade que podedes levalas en préstamo durante o verán e que temos dispoñibles máis materiais para escoller. 

Pasade a descubrilos!!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2020

Tagged:  

Achégase o Nadal e desde a biblioteca queremos propoñervos algunhas lecturas que vos fagan viaxar por mundos extraordinarios. Para acceder a elas so tedes que pinchar na imaxe inferior.

Abrochade os cinturóns e gozade da viaxe!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2020

Tagged:  

Ola a tod@s!

Logo de rematar un curso tan atípico como foi este, desde a Biblioteca queremos propoñervos unhas lecturas e pasatempos para disfrutar deste verán e do merecido descanso que tod@s merecemos.


En breve publicaremos tamén o novo protocolo de acceso á biblioteca e de préstamo de libros, que unha situación de emerxencia como esta nos esixe.

Do mesmo xeito, supoñemos que neste período descubririades carencias na nosa biblioteca ou alomenos teredes suxestións que facernos respecto ao seu funcionamento. Axudádenos a mellorar cubrindo o formulario que tedes nesta ligazón e saquémoslle algo positivo a esta situación.

Disfutade do verán!!

ESTAMOS DE CORENTENA, QUE PODEMOS LER?

Tagged:  

O pasado 23 de abril foi o Día do Libro pero, que pasa se xa rematastes de ler os libros que tiñades na casa? 


Para axudarvos a pasar mellor esta corentena, desde a biblioteca queremos mostrarvos algúns lugares onde podedes conseguir novas lecturas sen ter que saír da casa. Só tedes que pinchar na seguinte imaxe e acceder ao noso blog.

Feliz día!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2019

Tagged:  

Ola a tod@s!

Un ano máis desde a biblioteca queremos propoñervos unhas lecturas para gozar neste Nadal. Con este tempo nada mellor que sentarse tranquilamente cun libro na man. 

Disfrutádeas!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Tagged:  

Despedímonos este curso cunhas recomendacións lectoras coas que podedes gozar este verán!

Bo verán a tod@s @s usuari@s e ata setembro!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NO DÍA DO LIBRO

Tagged:  

Ademais das recomendacións que estades propoñendo no muro virtual, desde o Equipo da Biblioteca temos outras suxestións que facervos co gallo do Día do Libro, esta vez organizadas por niveis. 

Non dubidedes en vir a buscalas á Biblio!

LER EN NADAL

Tagged:  

Chegamos ao final do trimestre e con el ao Nadal. Desde a Biblioteca queremos recomendarvos unhas lecturas estupendas coas que gozaredes nestas festas e que xa tedes dispoñibles en préstamo.

Felices Festas!!

RECOMENDAMOS LECTURAS PARA O 23 DE ABRIL

Estámonos achegando ao Día do Libro e desde a Biblioteca queremos pedir a vosa colaboración para elaborar unhas recomendacións lectoras moi especiais.

Trátase de que cadaquén faga unha aportación no muro que tedes a continuación recomendando un libro que vos gustase e explicando brevemente as razóns polas que o suxerides.
Podedes incluír o voso nome pero non é necesario. Lembrade que só tedes que facer doble click e xa se abre o panel onde escribir.
Animádevos, contamos con vós!!

Hecho con Padlet

Historial da nosa páxina en anteriores cursos

Tagged:  
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013