ROTEIRO GUIADO. MONUMENTO NACIONAL COSTA DO DEXO

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado de 3ºESO realizou unha saída didáctica á costa do DEXO emmarcada dentro do programa"para unha transición ecolóxica". Este programa desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos,mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

Obxectivos:

Coñecer o patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.

  • Analizar os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.

  • Entender as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.

Primeira sesión:

  • Actividade no centro educativo sobre un dos espazos naturais protexidos da provincia da Coruña. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.

Segunda sesión: Ruta guiada polo Monumento Natural da Costa de Dexo


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013