Secundaria, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Acreditación das competencias dixitais

Tagged:  

A Consellería de Educación ofrece un exame para acreditar a competencia dixital do alumnado de 4ºESO. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 23-24 recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esta acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O prazo de matrícula remata o venres 15 de marzo.

Para máis información podedes premer nesta ligazón.

competencia dixital

EXAMES NA ESO

Tagged:  

Preme en cada curso para ver as datas de exames:

        
         

* O calendario de exames actualízase na páxina web semanalmente.

CHARLA INFORMATIVA ORIENTACIÓN

Tagged:  

O prometido é débeda. Aquí vos deixo a presentación da reunión  con todos os vínculos para que poidades ter a información precisa para axudar aos vosos fillos e fillas a encamiñar o seu futuro académico.

Para calquera dúbida estou a vosa disposición no Departamento de Orientación, previa cita.

Antonio Ovidio Carreira

Xefe do Departamento de Orientación

VISITA DE 4ºESO AO CESGA E IGFAE

Tagged:  

O 28 de novembro o alumnado de 4eso realizou unha visita, organizada polo departamento de Tecnoloxía ás instalacións do CESGA e o IGFAE, no campus sur De Santiago. 

No CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) o alumnado puido acceder ás instalacións do súpercomputador Finisterrae e o computador cuántico de recente instalación. 

No IGFAE ( Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) diversos investigadores mostraron i explicaron ao alumnado algúns dos proxectos de investigación, de física de partículas, nos que colabora a institución. 

Moi agradecidos pola boa acollida e as explicacións recibidas!!

PARTICIPACIÓN NA DIXITALWEEK

INFORMACIÓN ACTUALIZADA PARA O CAMPAMENTO

Chegou ao centro a información actualizada sobre a quenda 6 na que vai ir o noso alumnado ao campamento de dixitalweek. Podedes vela na seguinte ligazón:

Información para as familias

O noso centro solicitou a Dixitallweek convocada na resolución do 29 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.  Esta é unha actividade gratuita que consiste nun programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais e está dirixida ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria. A nós foinos concedida para o alumnado de 2º de ESO na semana do 6 ao 12 de novembro. As familias serán convocadas para unha reunión informativa. Abaixo presentamos a información máis relevante neste momento. 

- Convocatoria

- Información xeral sobre a actividade

- Ficha do alumnado

- Instrucións para a entrada e saída

ACREDITACIÓN DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Tagged:  

Nuevas estadísticas sobre el aprendizaje de lenguas extranjeras - INTEF

Resolución do 10 de xuño de 2022, da Direccion Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, regula a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO no curso 2022/2023.

O alumnado interesado e os seus responsables legais deberán cubrir un compromiso de participación e entregalo asinado na oficina do centro antes do 15 de setembro. O impreso para cubrir figura como adxunto ao final desta nova e pódese descargar premendo neste enlace.

O alumnado escollerá, asesorado polo profesorado de lingua estranxeira, o nivel de competencia da proba á que se presentará. Cada alumno e cada alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade. As familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que este non se poida realizar no propio centro educativo.

A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2022/2023, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante por rigorosa orde de entrada da solicitude no rexistro do centro.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS ADAPTADAS

Ante a situación extraordinaria que se está a rexistrar no presente curso, procede modificar as programacións didácticas iniciais. Dáselle publicidade ás Programacións Didácticas Adaptadas de Educación primaria e Educación Secundaria do curso 2019-2020, onde se describen os criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe, avaliación, criterios de cualificación...

TAREFAS PARA O ALUMNADO DE E.S.O. (A partir do 16 de marzo) [ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN: 15/05/2020]

1ºESO-A

Bioloxía e Xeoloxía

Educación Física

Educación Plástica

Francés

Inglés  /  Inglés (II)

Lingua Castelá

Lingua Galega  /  Lingua Galega (II)   /   Lingua Galega (III)

Matemáticas  /  Matemáticas (II)   /   Matemáticas (III)

Música Viaxeira

Relixión[Novo contido]

Xeografía e Historia

1ºESO-B

Bioloxía e Xeoloxía

Educación Física

Educación Plástica

Francés

Inglés  /  Inglés (II)

Lingua Castelá

Lingua Galega  /  Lingua Galega (II)   /   Lingua Galega (III)

Matemáticas  /  Matemáticas (II)   /   Matemáticas (III)

Música Viaxeira

Relixión[Novo contido]

Xeografía e Historia

2ºESO

Educación Física

Física e Química  /  Física e Química (II)   /   Física e Química (III)

Francés

Inglés  /  Inglés (II)

Lingua Castelá

Lingua Galega  /  Lingua Galega (II)   /   Lingua Galega (III)  /   Lingua Galega (IV)   /   Lingua Galega (V)[Novo contido]

Matemáticas

Música

Programación e Tecnoloxía

Relixión[Novo contido]

Xeografía e Historia  /  Xeografía e Historia (II)   / Xeografía e Historia (III)

3ºESO

Bioloxía e Xeoloxía

Cultura Clásica   /   Cultura Clásica (II)   /   Cultura Clásica (III)   /   Cultura Clásica (IV)[Novo contido]

Educación Física

Educación Plástica   /   Educación Plástica (II)

Física e Química   /   Física e Química (II)   /   Física e Química (III)

Francés

Inglés  /  Inglés (II)

Lingua Castelá   /   Lingua Castelá (II)   /   Lingua Castelá (III)

Lingua Galega   /   Lingua Galega (II)   /   Lingua Galega (III)   /   Lingua Galega (IV)   /   Lingua Galega (V)[Novo contido]

Matemáticas Académicas   

Música

Relixión[Novo contido]

Tecnoloxía

Xeografía e Historia   /   Xeografía e Historia (II)  /   Xeografía e Historia (III)

4ºESO

Bioloxía e Xeoloxía

Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional

Economía

Educación Física

Física e Química   /   Física e Química (II)   /   Física e Química (III)

Francés   /   Francés (II)

Inglés  /  Inglés (II)

Latín   /   Latín (II)   /   Latín (III)   /   Latín (IV)   /   Latín (V)[Novo contido]

Lingua Castelá   /   Lingua Castelá (II)   /   Lingua Castelá (III)

Lingua Galega   /   Lingua Galega (II)   /   Lingua Galega (III)   /   Lingua Galega (IV)   /   Lingua Galega (V)[Novo contido]

Matemáticas Académicas/Aplicadas   

Música

Plástica

Relixión[Novo contido]

Tecnoloxía

TIC

Xeografía e Historia   /   Xeografía e Historia (II)   /   Xeografía e Historia (III)

3ºESO: Teórico Música

Tagged:  
15.03.2024
Europe/Madrid

3º ESO: Francés (Control unidade 4)

Tagged:  
14.03.2024
Europe/Madrid

2º ESO-B: Francés (Control unidade 4)

Tagged:  
13.03.2024
Europe/Madrid

2º ESO A: Lengua y Literatura.

Tagged:  
13.03.2024
Europe/Madrid

4ºESO: Cuestionario Economía

Tagged:  
08.03.2024
Europe/Madrid

1ºESO: Xeo e Historia

Tagged:  
07.03.2024
Europe/Madrid
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013