Skip to Content

DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL

 O venres 28 de Abril o alumnado de 4º A e os/as usuarios/as do centro de día de Cuntis levaron a cabo una actividade conxunta paera conmemmorar este día.

 Adicáronse a percorrer a vila analizando as numerosas barreiras arquitectónicas existentes que dificultan o día a día das persoas con mobilidade reducida.

Álbum: Curso 22-23 -> Día da Solidariedade Interxeracional

Vídeopoemas finalistas

 A Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei (Lugo) acábanos de dar a boa nova: dous dos vídeo-poemas feitos por alumnado de 3º ESO do noso colexio, quedaron finalistas na 6ª edición do Concurso de vídeo-poemas sobre composicións poéticas que organiza este museo cada ano. Velaquí os están:

Que así mo pediron”. Autoras: Carme Valcárcel, Aldara Pereira Campos, Claudia Martínez Baamonde, Carolina Cobas Correa e Mar Ramos Otero.

 

 Aló nas montañas voan”. Autoras: Celtia Bouzán Peleteiro, Isaac Rodríguez Rodríguez, Uxío Domínguez Fernández e Sofía Sabir Moussaqhi.

 

  En hora boa a todas/os as/os que participastes no concurso!

 

 

Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025

No ano 2015 constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar na Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 educonvives.gal. Realizáronse enquisas de diagnose nos anos 2015, 2019 e 2021.

Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos.

Por iso o alumnado do centro hoxe leva unha carta na que figura unha clave coa que se pode acceder para facer a devandita enquisa. Só se fará unha enquisa por familia, aínda que haxa máis dun/ha irmán/irmá matriculado/a no Centro.

Este é o enlace para acceder directamente á enquisa: https://edu.xunta.gal/convfamil

Animádevos a participar.

Un saúdo,

O equipo directivo

Saída ao Teatro: 1º da ESO

O 26 de abril os grupos de 1º da ESO aproveitaron o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para asistir como público a unha representación teatral: puideron ver a obra Wombo-Combo, unha fábula sobre videoxogos e realidade virtuais. 
Despois dun tempo para pasear Pontevedra e xantarmos na Alameda, visitamos o Museo de Pontevedra para facer unha visita guiada ás salas adicadas á obra de Castelao.

" A nosa Terra X": Concurso Cuntis Nomeado (25 de abril)

Achegamos os resultados da segunda ronda de revisión do Certame CUNTIS NOMEADO.

Neta ocasión temos achegas das parroquias de Estacas (1) e Piñeiro (4). Recapitulando: temos 3 parroquias que xa recistraron nomes que antes non aparecían e temos 5 parroquias que aínda non se estrearon. Continúa a encabezar a clasificación Santa María de Cuntis, con 7 lugares novos.

Coa primavera chegan o bo tempo e os días longos, que dan para pasear polos nosos lugares e aproveitar para rexistrar topónimos.
A ver se na seguinte revisión xa todas as parroquias temos algunha achega!!

 

DÍA DA EF NA RÚA

O Día 26 de Abril conmemoramos, como ven sendo habitual, o día da EF na rúa.

Neste caso o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixo un xogo de pistas no parque da praza da constitución e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria unha carreira de orientación polas rúas de Cuntis.

O alumnado de Educación Infantil conmemorouno o venres 28 de abril facendo un percorrido e xogos co paracaídas na rúa Xosé María Lastra.

A idea desta xornada é quitar as clases de Educación Física á rúa para visibilizar o traballo que se realiza nesta materia do currículo

Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DA EF NA RÚA

STAT WARS: O IMPERIO DOS DATOS

O martes 18 de abril o noso alumnado de 3º de ESO desfrutou moito na saída que fixeron ata  A Estrada.

A primeira hora da mañá pasearon pola vila observando e estudando parte da súa ordenación municipal, en concreto a funcionalidade e estética das súas rúas e prazas.

A continuación, trasladáronse ata o Teatro Principal da Estrada para asistir ao evento sobre Estatística STAT WARS e participaron no concurso que se celebrou, onde os nosos alumnos Samuel Pérez Abalo e Isaac Rodríguez Rodríguez conseguiron senllos premios.

Unha divertida e produtiva mañá. Para repetir!

Xornada de Badminton

O alumnado de 4º de primaria disfrutou dunha xornada de convivencia arredor do deporte do badminton que tivo lugar o día 20 de abril no pavillón Coto do Ferreiro na Estrada.

Tiveron a oportunidade de xogar partidos contra alumnado do CEIP Perez Viondi, CEIP Villar Paramá, CEIP de Figueroa, CEIP de Oca, CEIP Cabada Vázquez e o Colexio de Lourdes.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

Álbum: Curso 22-23 -> XOGADE badminton

Camiño de Santiago 2º ESO: Proxecto Terra

Os pasados (por auga) días 12 e 13 de abril, o grupo de 2ESO do centro participou, dentro do programa Proxecto Terra (https://proxectoterra.coag.es/) , nunha saída para coñecer o Camiño de Santiago. O grupo realizou, en dous días, as etapas do Alto do Poio, nos Ancares, a Samos. 

Desta maneira, puido coñecer a paisaxe de montaña galega, a aldea do Cebreiro, probar a experiencia de camiñar na calma do camiño, visitar o mosteiro de Samos e, por fin, despois de todas as restricións provocadas pola COVID-19, poder gozar dunha xornada de convivencia fóra da casa coas compañeiras e compañeiros de escola. 

Álbum: Curso 22-23 -> Camiño de Santiago

Plan Proxecta Aliméntate Ben: Ti si que es un bo peixe

O alumnado de educación infantil e educación primaria participou nos obradoiros da modalidade de "Ti si que es un bo peixe" englobado no Plan Proxecta + Aliméntate Ben.

Dentro do mesmo programa o alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria fixeron unha saída para coñecer o proceso do marisqueo desde a mesma praia ata o sistema de selección no porto e na lonxa.

Aquí vos deixamos unha mostra das diferentes actividades

Álbum: Curso 22-23 -> Ti si que es un bo peixe
Distribuir contido


by Dr. Radut