Skip to Content

Excursión fin de Curso 1º ciclo

O pasado venres 23 de xuño o alumnado de 1º ciclo fixo unha excursión á Illa de Sálvora. Para iso tomaron un autobús a Ribeira e desde alí colleron o barco cara a illa. Xa en Sálvora coñeceron a illa e a antiga aldea facendo un pequeno roteiro e pola tarde, na praia, fixeron xogos con auga e puideron disfrutar da praia.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión 1º Ciclo

Andainas de fin de curso

O último día de clase o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria practicaron o sendeirismo pola contorna de Cuntis.

O alumnado de Educación Primaria camiñou até As Campaíñas e A Fábrica da Luz e o de Secundaria foi pola beira do Río Gallo ata a desembocadura no río Umia.

As dúas andainas confluíron en Castrolandín, onde rematou a xornada merendando as viandas aportadas polas familias do centro.

Álbum: Curso 22-23 -> Andainas de Fin de Curso

Graduación de Educación Infantil

O 21 de xuño o alumnado de 6° de educación infantil graduouse, acabou este ciclo e chega o momento de ir para primaria. Despois de recoller o diploma de graduación, todo o alumnado do ciclo merendou e bailou nunha boa festa.

Álbum: Curso 22-23 -> Acto de Graduación EI

Graduación 4º ESO

O pasado 20 de xuño fixemos un pequeno acto de despedida e recoñecemento para o noso alumnado de 4ºESO. Deixa o centro para comezar unha nova etapa da súa vida despois de trece anos compartíndoa connosco. A madriña do acto foi a profesora de inglés Dolores Sánchez González e actuaron como presentadoras do acto as profes Silvia Diéguez e Alba Márquez.

Desde o CPI Aurelio Marcelino desexamos que todo vos vaia moi ben na vida.

Álbum: Curso 22-23 -> Graduación 4º ESO

Excursión fin de Curso Educación Infantil

O alumnado de Educacion infantil esta semana visitou as instalacións da Granxa Escola de Serantellos en Cambados. Alí disfrutaron de xogos, coidado e alimentación dos animais, elaboración de pan, plantaron na horta,... disfrutaron dunha xornada de convivencia durante todo o dia.

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión fin de curso Educación Infantil

Excursión fin de Curso 3º ciclo

Os días 19 e 20 de Xuño o alumnado de 3º ciclo fixo unha excursión de fin de etapa á illa de Ons, que serviu para coñecer a illa e despedir, no caso do alumnado de 6º, a etapa de Educación primaria.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión 3º ciclo

A nosa terra XV: Xornada de Portas Abertas

O 15 de xuño organizamos para as familias unha Xornada de Portas Abertas, coa idea de que puideran coñecer os traballos realizados polo alumnado do centro ao longo do ano.

O tema que relacionou as nosas tarefas e proxectos foi A nosa terra: o abandono do rural. Para iso adicamos parte dos tempos de aprendizaxe a coñecer mellor as nosas parroquias e os modos de vida rurais.

Na entrada do centro, o público asistente era recibido polo grupo de guías turísticos de 1º Ciclo de EP, que daba a coñecer o máis interesante de cada parroquia. No corredor central, podía admirar os traballos de fotografía e teares de 3ºESO e Recreos Activos, as exposicións sobre Lendas de Cuntis, de 5ºEP, e Festas de Cuntis, de 3ºEP, as BD´s participantes no certame das Letras organizadas por EDL, os traballos sobre muros realizados por 2º ESO, os estudos estatísticos sobre a vida no rural feitos por 3º ESO ou o resumo de traballos de 4ºA EP.

No fondo do corredor, unha granxa xestionada por Educación Infantil nos permitía practicar as nosas dotes munxideiras ou fotografiarnos a bordo dun tractor.

No espazo STEAM o grupo de 6ºB EP organizou un xogo de coñecemento sobre Cuntis axudado dos robots da aula e na Biblioteca 4ºB EP e 6ºA EP convidáronos a coñecer mellor o mundo dos xogos tradicionais. Ademais aí tamén estaban expostas as creacións de 1ºESO para o Día de Rosalía.

Na Sala de Audiovisuais puidemos ver propostas elaboradas polo alumnado de LGL da ESO: desde o refraneiro mensual, até representacións teatrais.

Finalmente, na Sala de Conferencias, puidemos asistir á representación de Corre, corre, cabaciña, de 4ºA EP e escoitar ao alumnado de 4ºA EP e 1ºESO, 3ºESO de Proxecto Competencial expor as súas variadas investigacións en torno a temas relacionados coa vida rural.

Visto por xunto hai só unha conclusión: moito traballamos.

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Feira do Rural

Excursión 2º ciclo

O mércores 14 de xuño tivo lugar a excursión de fin de curso do alumnado de 2º ciclo. A mañá empezou cunha visita ao Centro  de Investigación Forestal de Lourizán onde puidemos visitar os seus xardíns e contemplar árbores de unha beleza extraordinaria.

Máis tarde nos diriximos a disfrutar do Parque dos Sentidos onde xantamos, para máis tarde dirixirnos ao Ecoparque de Marín onde puidemos realizar difeoirentes cirtuítos arbóreos con pontes tibetanas e tirolinas.

Foi un día estupendo e pasámolo xenial!!

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión 2º ciclo

Xornada de Portas Abertas

Estimadas familias: 
Para pechar o ano escolar queremos compartir convosco parte do moito traballo que fixemos ao longo destes meses. Para iso, este xoves, día 15, de 10 a 13.30 organizamos unha Xornada de Portas Abertas. 
Como podedes ver na información do Díptico, argallamos diferentes espazos expositivos. 
Os grupos de Educación Infantil, 2º EP, 4ºB e 6º EP atenderán os seus stands ao longo de toda a mañá
Na sala de Conferencias, desde as 11.00 horas poderedes escoitar ao alumnado presentar os seus traballos sobre o mundo rural. 
Na Sala de Audiovisuais proxectaremos traballos realizado alumando.
No corredor principal estarán expostas propostas de varios cursos e materias. 

Vinde ver o moito que as vosas crianzas fixeron polo rural este curso no noso Proxecto de Centro: A nosa terra: O abandono do rural !

Fai clic ao teu bocata

Os días 5 e 6 de xuño alumnado de todo o centro participou no obradoiro Fai clic ao teu bocata,ionde se busca facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva. O seu obxectivo é transmitir a importancia dos produtos en conserva, do peixe e do marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, fomentando o seu consumo, de forma saudable e atractiva.

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos mesmos.

Álbum: Curso 22-23 -> Fai clic ao teu bocata
Distribuir contido


by Dr. Radut