Skip to Content

Día de Rosalía: Caldo de Gloria e Queremos ser... Rosalía)

Por mor do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro celebramos no cole o día de Rosalía.

Houbo diversas actividades centradas na figura da poetisa.

Unha delas e, relacionada co tema transversal: Que quero ser?, chamámola: Quero ser... Rosalía, na que o alumnado da ESO participou no seguinte vídeo dando as razóns polas que lle gustaría ser a poetisa.

 

Outra delas foi a realización do Caldo de Gloria. Partindo do poema de Rosalía: "Miña casiña, meu lar" o alumnado de 5º de Educación Primaria elaborou este caldo seguindo a receita orixinal que marca o poema. Queremos agradecer a colaboración de Rubén Navia que nos visitou nesta xornada e dounos consellos moi valiosos de como elaborar este caldo.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica desta xornada.

Álbum: Curso 23-24 -> Día_de_Rosalía (Caldo de Gloria)

Procedementos de reserva, admisión e matrícula 2024-2025

 

Procedementos de reserva de praza, admisión e matrícula para o curso académico 2024-2025.

Para os procedementos de reserva de praza, solicitude de admisión e matrícula no CPI Aurelio Marcelino Rey García terase en conta a nota informativa que se atopa neste enlace.

Tamén se pode atopar un extracto desta nota informativa neste enlace. 

 1. Normativa reguladora dos procedementos.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Anexos para o procedemento de admisión (do 1 ao 20 de marzo): Anexo II e Anexo II-bis

 

2. Outra lexislación relacionada con estes procedementos:

Lexislación relacionada co comedor escolar

Lexislación relacionada co transporte escolar

 

 

 

 

 

 

Vacantes para o curso 2024-2025

 

 

 

 

Entroido: Que Quero ser!

Por mor da climatoloxía este ano tivemos que celebrar o Entroido en dous actos. O primeiro acto tivo lugar o venres 9 de Febreiro onde degustamos as diferentes viandas aportadas polas familias.

O segundo acto acto foi o venres 16 onde levamosa cabo o desfile polas rúas de Cuntis e escenificamos as diferentes montaxes no patio do cole.

Este ano o tema transversal do PDI do centro é: Que Queremos ser!  polo que vimos unha variedade de disfraces como podían artistas circenses, deportistas, músicos e músicas, cociñeiras, superhéroes e superheroinas, youtubers, pintores e incluso algunha que outra xubilada.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.

Álbum: Curso 23-24 -> Entroido_Que_quero_ser

Quero ser... artista

O tema central do Salón do Libro Infantil e Xuvenil deste ano é a maxia, e como nos Clubs de Lectura da escola queremos ir, estamos a ler obra nas que a bruxaría teña importancia e presenza, para coñercermos mellor ese mundo.

E para completar o achegamento a ese mundo, decidimos convidar a Rebeca Lar (https://rebecalar.com/) a visitarnos no centro. Rebeca Lar é unha artista multidisciplinar que ten centrada boa parte da súa obra no imaxinario da bruxaría.

Estivo connosco o xoves pasado, 1 de febreiro, nun obradoiro extra que fixemos de tarde, no horario de apertura da biblio, de 16 a 18 horas.

Rebeca fixo un repaso para nós da imaxe das bruxas na arte e no audiovisual, trouxo traballos propios que compartiu connosco e o mellor de todo é que trouxo con ela un dos seus instrumentos de traballo: a máquina de escribir.

Como gozamos intervindo papeis con mundos bruxerís!!

Álbum: Curso 23-24 -> Quero ser artista!

Xa vén o Entroido!

Campo a través Provincial (XOGADE)

O 1 de febreiro tivo lugar en Portas o campionato provincial de Campo a Través pertencente ao programa de Deporte Escolar XOGADE organizado pola Secretaria Xeral do Deporte.

O alumnado de 6º e 3º de Educación Primaria tivo a posibilidade de disfrutar dunha xornada de convivencia con outros centros da provincia de Pontevedra onde practicaron deporte, xogaron e bailaron ao longo de toda a mañá.

Álbum: Curso 23-24 -> Campo a través provincial

Excursión aos museos científicos de A Coruña

O mércores 31 de xaneiro, o alumnado de 5° e 6° de primaria visitaron o Museo de Ciencias e a DOMUS en Coruña. Viviron diferentes experiencias relacionadas có corpo humano e a ciencia. tamén participaron nun obradoiro de disección. En relación co proxecto "Comer e rañar", visitaron a exposición interactiva "Bocados", coa que estimularon os seus sentidos na cociña.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita aos museos científicos

Voando con números: Unha aventura aérea

 O xoves 18 de xaneiro o noso alumnado de 4º ESO tivo a ocasión de achegarse ao Parque Tecnolóxico de Galicia, situado na cidade de Ourense, para traballar durante unhas horas na Aula Newton Galicia, unha iniciativa de divulgación científica que Tecnópole ofrece aos centros educativos de Secundaria de Galicia.

 Alí participaron no módulo Voamos con números: unha aventura aérea, actividade na que os estudantes recibiron unha misión do “Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias” e a continuación entraron a colaborar na observación da situación e axudar na misión de rescate.

 Formáronse equipos de traballo, que, a súa vez, se dividiron en tripulacións ou parellas de voo. Cada unha destas parellas (piloto/copiloto) planificaron e executaron o plan de voo tendo en consideración unha serie de condicións establecidas, turnándose para poder levar os mandos e disfrutar da actividade ao completo.

              Coma sempre o interese e a implicación do alumnado foi excepcional, recibindo felicitacións polo bo comportamiento e atención do profesorado da Aula Newton.

Álbum: Curso 23-24 -> Voando cos números (Visita á aula Newton)

Volvendo á infancia co centro de día (Actividade IV)

Os usuarios do centro de dia viñeron ao noso cole para disfrutar dunha xornada de convivencia co alumnado do 1° ciclo de Primaria.
A actividade leva por titulo "Volvendo a infancia" onde puxemos en marcha diferentes xogos con peonzas, pelotas, raquetas e disfrutamos moito, pequenos e maiores.

Álbum: Curso 23-24 -> Volvendo á Infancia (Centro de día IV)

30X_ Muros e Carreira Solidaria

Desde o equipo educativo do centro pensamos que este curso debíamos atender á actualidade internacional e aproveitar a efeméride do Día Internacional da Paz e a Non Violencia para coñecer e reflexionar sobre a situación en Palestina.

O luns 29, nos recreos de EI/EP e o 2º recreo da ESO, convertemos o patio nun territorio dividido por un muro. Contamos coa colaboración do alumnado de EPV de 4ºESO, que deseñou uns muros como os da franxa de Gaza para marcar os espazos de entrada e saída. Houbo zonas de acceso restrinxido para grande parte do alumnado: zona de xogos no patio e corredor de biblioteca/recantoSTEM e baños. O alumnado de 4º ESO e 6º EP foi o encargado de exercer do EXÉRCITO que vixiou os CHECKS POINTS e autorizou ou non a entrada/saída de alumnado. Para iso escolleron unha consigna segreda (levar tenis brancos, pelo crecho ou algunha prenda vermella) que só foi revelada ao acabar o xogo. Na sesión seguinte, nas aulas, os grupos reflexionaron sobre como se sentiron durante a actividade, se lle pareceu xusto que algunhas compañeiras e compañeiros tiveran dereitos (ir ao baño, comer froita) e mesmo privilexios (ter acceso á xogos e material deportivo) sen unha razón sabida. Houbo enfados, raiba, risos e levamos á reflexión á situación actual na zona de Gaza.

 Para o día 30 organizamos unha Carreira Solidaria. Previamente o alumnado visiounou a curtametraxe En pé, protagonizada por unha refuxiada palestina. E previamente, tamén, as crianzas que o desexaron buscaron padriños e madriñas para a súa participación na carreira. Os apadriñamentos podían ser de 1€, 2€ ou outra cantidade maior.

 O concello pechou para nós a zona do centro da vila e organizamos un circuito de 500 m. O alumnado correu por categorías, en moitos casos acompañados de madriñas ou padriños. Foi unha mañá solleira e divertida.

 Finalmente, sumando as achegas dos apadriñamentos, recadamos 912,21€ que serán doados à organización con proxectos en Palestina.

 

 

 

 

Álbum: Curso 23-24 -> Día da Paz
Distribuir contido


by Dr. Radut