Skip to Content

Proposta de actividade para o 25N: Non quero ser maltratador Non quero ser vítima.

 

Estimadas familias:

Como este ano o tema do centro é Que quero ser, pensamos que para o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero sería boa idea reflexionar sobre o que NON queremos ser.

Queremos ofrecerlles ao noso alumnado modelos positivos de relacións afectivas, para que as teñan de referencia. E cremos que nada mellor para iso que encontren condutas positivas entre as persoas que coñecen, as máis achegadas: familia e veciñanza.

Por iso facemos esta proposta: gravarmos un vídeo colectivo en que as adultas da escola digamos dúas frases: non quero ser… e quero ser… na que recollamos actitudes negativas (non quero ser) e positivas (quero ser) perante unha relación amorosa, como neste exemplo:

 Non quero ser controlador/a vs. Quero ser respectuoso/a coas amizades da miña parella

O vídeo resultante de todas as gravacións será proxectado nas aulas do centro o día 24 de novembro, véspera da conmemoración.

O que vos pedimos é o que segue.

  • Dous vídeos, un coa frase negativa e outro coa positiva.

  • Formato horizontal

  • Se pode ser, un primeiro plano con fondo branco, para lle dar unidade á proposta (se non pode ser, non pode ser).

  • Que enviedes os vídeos ao mail abibliodarosi@gmail.com antes do 5 de novembro, incluíndo os nomes que queredes que aparezan na edición final.

 Para as que teñades dúbidas ou curiosidade, achegamos unhas notas que vos poden axudar a pensar as vosas frases: https://drive.google.com/file/d/1D_f570yCD4DiKkI4ak1v8RBJHl9hTTMT/view?usp=sharing.

 Agardamos que entre todas e todos deamos sacado adiante esta proposta. Pensamos que podería ser moi positiva para as nosas crianzas.

Xornada de Campo a través (Programa XOGADE)

O día 11 de Outubro, na contorna das piscinas municipais de A Estrada, a xornada de campo a través do programa XOGADE. Participou alumnado do cole desde 2º de Educación Primaria ata 3º da ESO. Competiron con alumnado de colexios e institutos de Moraña e A  Estrada.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Campo a través zonal

Día non lectivo.

O Centro permanecerá pechado o venres día 13 de outubro de 2023 por ser este un día non lectivo.

Vísita ao rádar meteorolóxico do monte Xesteiras

Un curso máis, o pasado xoves 28 de setembro visitamos o rádar meteorolóxico do Monte Xesteiras (Cuntis). Trátase dun roteiro lineal de sendeirismo que atravesa o monte por unha pista desde Magán (Cuntis) ata o rádar, e logo volve de regreso ata o punto de partida. Unha vez no rádar, percorremos co alumnado de 4º ESO as súas instalacións e os técnicos de MeteoGalicia explicáronnos o seu funcionamento e a información que nos achega para elaborar a predición meteorolóxica.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita ao rádar Metereolóxico do Monte Xesteiras

Inspección de Outono do río Gallo

 O pasado martes 26 de novembro o alumnado de 1º ESO B realizou unha saída ao río Gallo para coñecer o seu "estado de saúde".

 Acompañados pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía e por Paco Brañobre, o educador ambiental da asociación ecoloxista ADEGA, que é a que coordina o Proxecto Ríos, analizaron diferentes parámetros: características físico-químicas (ph,nitratos,..), a flora, fauna (presencia de macroinvertebrados), o caudal, os impactos medioambientais, etc. que determinaron que a calidade da auga do río é boa.

Álbum: Curso 23-24 -> Inspección do Río Gallo

Xornada de Convivencia do Equipo de Mediación

O pasado martes, 26 de setembro,  o alumnado pertencente ao Equipo de Mediación Escolar participou nunha xornada de convivencia na ría de Aldán.
Co obxectivo de cohesionar o equipo e iniciar a  formación neste curso 2023-2024 realizamos unha andaina desde o Bosque Encantado ata o miradoiro Balcón do rei, onde puidemos contemplar a ría de Vigo.
Desfrutamos dun fermoso día na costa e volvemos con moitas ganas de traballar neste curso que iniciamos.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada de Convivencia Mediación

Anexo II comedor escolar

Aquí está dispoñible o anexo II de autodeclaración para a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar.

Poden utilizar calquera dos dous formatos dispoñibles: 

.odt

.pdf

 

Excursión fin de Curso 1º ciclo

O pasado venres 23 de xuño o alumnado de 1º ciclo fixo unha excursión á Illa de Sálvora. Para iso tomaron un autobús a Ribeira e desde alí colleron o barco cara a illa. Xa en Sálvora coñeceron a illa e a antiga aldea facendo un pequeno roteiro e pola tarde, na praia, fixeron xogos con auga e puideron disfrutar da praia.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión 1º Ciclo

Andainas de fin de curso

O último día de clase o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria practicaron o sendeirismo pola contorna de Cuntis.

O alumnado de Educación Primaria camiñou até As Campaíñas e A Fábrica da Luz e o de Secundaria foi pola beira do Río Gallo ata a desembocadura no río Umia.

As dúas andainas confluíron en Castrolandín, onde rematou a xornada merendando as viandas aportadas polas familias do centro.

Álbum: Curso 22-23 -> Andainas de Fin de Curso
Distribuir contido


by Dr. Radut