TEATRO DA OPRIMIDA

 

 

Hoxe viñeron os do Teatro da Oprimida faceren unha representación á nosa escola 

O Teatro da Oprimida defínese como aquel que intenta "humanizar a humanidade". E con ese obxectivo veu facernos unha representación, espertar conciencias ás inxustizas para sermos nós quen de denuncialas e loitarmos contra elas. 

A obra conta unha historia real dunha das actrices, unha peruana explotada en España. Logo animáronnos a interpretarmos doutro xeito algún dos personaxes da historia para sermos quen de cambiar o desenlace. 

Aquí vemos A Verónica representando á peruana e achegando un modo diferente de afrontar o problema, unha posible solución. Foi unha actuación espectacular.. e unha reflexión interesantísima!!

 

 

 

 

 

TEATRO DA OPRIMIDA