Educación Física

A volta ao mundo en patíns

Dende o departamento de educación física púxose en marcha un proxecto co obxectivo de incrementar a actividade física do alumnado. Dito proxecto está dentro do Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro, o cal está enmarcado no Plan Proxecta pertencente á Consellería de Educación. No proxecto que presentamos, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, nos recreos de martes e xoves, tentará percorrer os máximos metros posibles dando voltas patinando na pista do pavillón polideportivo. A intención é dar a volta ao mundo, de xeito virtual, sumando toda a distancian que percorran os alumnos/as participantes. Estes, participan por quendas; mentres uns patinan outros/as contabilizan as voltas e, o día seguinte, cambian os roles. Por outra banda, poderán comprobar canto levan feito, nesa volta ao mundo, coa suma da distancia percorrida entre todos/as. Ademais, poderán comprobar o percorrido a través dun padlet creado, ex profeso, para elo. Deste xeito, eles/as mesmos/as poderán comprobar o que levan percorrido entre todos/as e en que punto do planeta atópanse dun xeito ilustrativo. Ademais, por outra banda, serviralles de elemento motivador para continuar co proxecto con máis ganas aínda.

 

Feito con Padlet

Programación cursos pares Educación Física curso 2022-23

Para consultar a programación de EF de Educación Primaria prema AQUÍ.

Programación de EF Educación Primaria Curso 2021-22

Para consultar a programación de EF de Educación Primaria prema AQUÍ.

Instrucións Educación Física Infantil e Primaria

Os mestres do colexio queren compartir esta información relacionada coa área de Educación Física de Primaria, e psicomotricidade de Infantil.

Descarguen o documento anexo. 

 

Vídeo do alumnado facendo Educación Física dende a casa

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria amósanos neste vídeo como se manteñen en forma dende a casa. Ben feito!

(pinchar na imaxe para ver o vídeo)

Distribuir contido